InicioSociedadeAs treboadas causan importantes inundacións en Vigo

As treboadas causan importantes inundacións en Vigo

Nas rúas Sanjurjo Badía, Isaac Peral, Doutor Carracido, e Julián Estévez saltaron as tapas da rede de sumidoiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As treboadas seguen en Galicia, que computou ao longo deste luns 158 raios, tras rexistrar 2.381 na pasada pasada xornada e inundacións nalgunhas localidades como Vigo.

Así o recolle o observatorio de Meteogalicia, que reflicte que, ata as 17,00 horas deste luns, en Galicia computáronse un total de 158 raios.

Así mesmo, en Vigo, na pasada noite, unha tromba de auga con episodios eléctricos alagou varias rúas da cidade. En concreto, segundo informou a Policía Local, nas rúas Sanjurjo Badía, Isaac Peral, Doutor Carracido, e Julián Estévez, saltaron as tapas da rede de sumidoiros, obrigando a unha rápida intervención polo risco que a situación supuña para o tráfico.

Cale Doutor Canoa viuse alagada ao non soportar a rede de sumidoiros o volume de auga descargada. Na rúa Julián Estevez, un condutor viuse atrapado pola tromba, sendo rescatado por bombeiros.

A intensa choiva tamén propicio unha bolsa de auga no interior do túnel de Beiramar.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide 20 anos de internamento psiquiátrico para o asasino de Lavadores

A Fiscalía pide 20 anos de internamento psiquiátrico para Juan D.E., ao que considera...

Dous detidos en Vigo por roubo e uso fraudulento de cartóns bancarios subtraídos

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron nos últimos días a dous...

O Porto de Vigo aborda a caducidade da concesión de Estaleiros San Enrique tras incumprimentos no plan industrial

O Consello de Administración do Porto de Vigo abordará na súa reunión deste venres...

O TSXG confirma tres anos e medio de cadea para un home que agrediu sexualmente a unha muller con discapacidade intelectual

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de 3 anos...