InicioSociedadeA Xunta contacta con case mil familias da área de Vigo para...

A Xunta contacta con case mil familias da área de Vigo para o abonar a bolsa de comedor das escolas infantís

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta contactou con 979 familias da área de Vigo para solicitarlles a súa visto e prace para recibir a bolsa de comedor durante a suspensión de actividade das escolas infantís debido á pandemia de coronavirus. Unha chamada que ten lugar a mes e medio das eleccións galegas convocadas por Feijóo para o 12 de julio.

Segundo comunicou a administración autonómica, a estas familias remitíuselles un correo electrónico no que se lles require, como único trámite para percibir esas axudas, estar ao corrente das súas obrigacións tributarias e sociais, e unha autorización para consultar os datos bancarios.

A maior porcentaxe de beneficiarias das bolsas concéntranse na cidade de Vigo (402) e correspóndense con familias que teñen aos seus nenos nas escolas infantís da rúa Palencia, Valadares, Bouzas, Caeiro, Relfas, Rosalía de Castro e San Paio.

No Val Miñor hai 154 familias beneficiarias, con menores inscritos nas escolas de Baiona, Gondomar e Nigrán; e no Morrazo son 107, das escolas da Choupana e Hío (Cangas) e Moaña. En Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra, Soutomaior e Redondela contactouse con outras 318 familias.

As familias beneficiarias desta bolsa de comedor son aquelas que fan uso do servizo en escolas infantís (de 0 a 3 anos) da Xunta, nunha praza concertada nalgunha escola privada ou aquelas que perciben unha axuda de comedor a través do Bono Concilia.

A contía concedida é unha compensación pola bonificación que tiñan concedida no custo diario do menú dos días lectivos nos que estivo suspendida a actividade nas escolas. As familias con renda mensual menor de 403 euros recibirán 2,5 euros ao día; as que teñen unha renda mensual de entre 403 e 672 euros recibirán unha bolsa de 1,5 euros ao día.

O primeiro pago será o correspondente aos días lectivos transcorridos ata ese momento, pero poderá haber pagos sucesivos en función dos días que se suspendan en eventuais prórrogas.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...