InicioSociedadeArmadores de Vigo reclaman que se autorice a compra de probas de...

Armadores de Vigo reclaman que se autorice a compra de probas de COVID-19 para tripulantes

A Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) reclamou que se autorice a xestión da compra, recepción e distribución de test de detección de COVID-19 a entidades do sector pesqueiro para someter aos mesmos a tripulantes das frotas de altura e gran altura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) reclamou que se autorice a xestión da compra, recepción e distribución de test de detección de COVID-19 a entidades do sector pesqueiro para someter aos mesmos a tripulantes das frotas de altura e gran altura.

Nun comunicado, detallou que unha orde emitida a semana pasada levou que se paralizase a compra conxunta de test e insistiu en que resulta “indispensable” que se permita a súa adquisición dadas as longas e afastadas travesías que realizan estas frotas. Así, búscase poder someter á tripulación ás probas antes do embarque ou, se fose preciso, a bordo dos buques.

Neste sentido, a cooperativa lembrou que recentemente se autorizou a realización de series de probas diagnósticas a colectivos de traballadores de sectores considerados non esenciais.

Ante esta situación, ARVI demandou que se permita “con carácter de urxencia” que as organizacións representativas do sector pesqueiro poidan completar as compras e a distribución de test rápidos. Deste xeito, aspírase a poder “maximizar as garantías de saúde” das tripulacións “durante as longas mareas que desenvolven en alto mar e en caladoiros afastados”.

ÚLTIMAS

Cae por un desnivel duns dous metros no centro de Vigo

Unha persoa resultou ferida na mañá deste luns tras caer por un desnivel duns...

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...