InicioSociedadeSincidatos solicitan á Xunta facer test ao persoal de ambulancias logo de...

Sincidatos solicitan á Xunta facer test ao persoal de ambulancias logo de usar máscaras defectuosas

Piden que a Xunta inclúa ao persoal ambulancias nos 100.000 test que a Xunta anunciou que vai realizar á poboación galega

PUBLICADO O

- Advertisement -

Basean a súa petición no uso, por parte do persoal, das mascarillas FFP2 da marca 95 Garry Galaxy defectuosas retiradas por orde Ministerial. Sinalan que o persoal de ambulancias estivo exposto directamente ao COVID19 durante o transporte de pacientes durante días, coa falsa creanza de estar protexidos.

“A Xunta procedeu a retirar e a cambiar estas máscaras por outras novas, “pero isto non evita o posíbel contaxio do persoal de ambulancias que estivo traballando con elas durante días crendo que estaba protexido, nin o das persoas que tiveron contacto con estes traballadores e traballadoras” sinala nun comunicado o responsáble da CIG-Transportes, Xesús Pastoriza.

A CIG pide que se identifique a todo o persoal que estivo en exposición de risco, cunha falsa protección, e se proceda de inmediato á realización do test que corresponda, máxime cando dende a propia Xunta acaban de anunciar publicamente que se realizarán 100.000 test de Covid19 entre a poboación galega.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...