InicioSociedadeOs avogados de oficio, na primeira liña de combate e risco do...

Os avogados de oficio, na primeira liña de combate e risco do coronavirus

PUBLICADO O

- Advertisement -

Son un deses colectivos declarados esenciais polo Goberno central no real decreto polo que se declarou o estado de alarma, pero o seu traballo, de primeira necesidade, transcorre de forma “silenciosa” mentres tratan de garantirse os dereitos das persoas detidas e presos, así como outra parte moi que é moi relevante, a asistencia ás vítimas de violencia machista.

En Galicia teñen moito peso os pequenos despachos de autónomos. Dentro deste colectivo, un labor aínda máis “esencial”, como así o ven os propios avogados e a Xunta, fano os avogados da quenda de oficio, aqueles que nunca poden dicir “non” cando son chamados, en calquera momento, nas súas xornadas de 24 horas de garda.

Lurdes Carballo, decana do Colexio de Vigo, mostrouse “orgullosísima” dos avogados adscritos á quenda de oficio, un servizo que “non parou en ningún momento” e que é esencial, dixo, non só para atender aos detidos, senón para asistir ás vítimas de violencia de xénero.

Partindo do “principio incólume” do dereito de defensa, explicou, a “dificultade” estaba en “preservar o dereito” de asistencia e “á súa vez protexer non só a saúde individual, senón tamén a saúde colectiva”. “Non contaxiar nin converterche en transmisora”, manifestou Lurdes Carballo, quen indicou que ao principio, debido á escaseza de material de protección, tamén eran “conscientes” de que non se podía “quitar” aos sanitarios, polo que se “ativeron ás recomendacións” de distancia e hixiene. Toda a reportaxe en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...