InicioSociedadeTres vigueses permanecen atrapados en Malaisia e a embaixada só lles desexa...

Tres vigueses permanecen atrapados en Malaisia e a embaixada só lles desexa sorte

A embaixada española en Kuala Lumpur recomendoulles coller avións da UE que aterraban en París ou Amsterdam. Mais a única liña aérea que opera desde alí é Ibera que está cancelando voos.

PUBLICADO O

- Advertisement -


Muriel, Quique e Nacho son tres vigueses aos que a crise global do coronavirus colleu de vacacións en Kuala Lumpur, capital de Malaisia, onde se están atrapados á espera de ter como regresar a casa sen que, de momento, a Embaixada de España alí fixese por eles moito máis que desexarlles sorte. Iso é o que conta a Efe por teléfono Nacho, que chegou o 14 de marzo, xusto o día no que se declarou o estado de alarma en España, a Kuala Lumpur e aloxouse nun hotel.

Os seus amigos incorporáronse tres días máis tarde e instaláronse todos xuntos nun apartamento de aluguer no que se atopan recluídos desde entón. Antes de que chegasen Quique e Muriel, Nacho acudiu á Embaixada, onde lle recomendaron voar de volta a España ou alugar un apartamento.

“Decidín quedarme porque case non había casos”, explica Nacho, que se sabe as cifras de Malaisia de memoria: 4.346 positivos, 70 mortes e 1.830 recuperados, nada que ver co que sucede en España. Con todo, queren volver, e co espazo aéreo case deserto, moitas fronteiras pechadas e a total ausencia de servizos no medio mundo non atopan como.

“Na Embaixada recoméndannos volver pero só nos dan a opción de tomar un avión da UE que aterra en París ou outro que o fai en Amsterdam”. O problema, din, é que unha vez en Europa non terán como chegar a Madrid porque desde París, por exemplo, “xa só voa Iberia e estanse cancelando voos”, polo que temen que o remedio sexa peor que a enfermidade.

“Eles ofrécenche a saída a Europa, pero unha vez alí, se te quedas tirado búscate a vida”, critican. Aínda por riba, aseguran que os poucos billetes que houbo dispoñibles estaban a prezos imposibles e que tomar eses voos era un risco que decidiron non asumir. “Desde Indonesia puxeron un voo o día 5 e hai agora un desde Filipinas”, sinalan, mentres se preguntan que pasa cos españois en Malaisia. E na Embaixada, que din? “Pois nada, só que nos vaiamos e que teñamos sorte. Ese foi a súa última mensaxe. Onte pedímoslles un salvoconducto para ir ao aeroporto e xa non nos contestaron”, sinalan.

Polo demais, din atoparse ben e non temen pola súa saúde, entre outras cousas porque todo fíxose con máis présa que en Europa. “Aquí pecharon fronteiras o 18 de marzo con 200 casos e non entrou ninguén no país, non como en España. Aquí tómanche a temperatura dez veces ao día, obríganche a levar máscara e a lavarche as mans con xel todo o tempo. Están mellor preparados”, explican mentres seguen pensando como saír de alí.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...