InicioSociedadeAnimalistas critican a Ponteareas e A Estrada por limitar os paseos de...

Animalistas critican a Ponteareas e A Estrada por limitar os paseos de cans

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os animalistas da Fundación Franz Weber advirten a concellos, señaladamente A Estrada e Ponteareas, que “non teñen competencias” para emitir instrucións á Policía Local que restrinxan os paseos de cans durante a vixencia do estado de alarma.

A Fundación remitiu un escrito á Delegación do Goberno en Galicia tras detectar que algúns municipios galegos ditaban resolucións “que inflúen negativamente sobre o benestar animal” e “contraveñen” as instrucións do Goberno durante o confinamento.

Os animalistas lembran que os corpos locais “dependen agora da dirección do Ministerio do Interior e, por extensión territorial, das respectivas delegacións e subdelegacións do Goberno, polo que non poderían efectuar propostas de sanción” baseadas no que chaman “formulacións pseudoxurídicas”.

En concreto, o Concello da Estrada emitiu a semana pasada un bando no que limitaba a 50 metros a distancia dos paseos. No caso de Ponteareas, aínda que alongaba esta distancia ata os 200 metros, marcaba uns horarios concretos nos que as persoas podían sacar ao can: de 8,00 a 10,00; de 14,00 a 16,00; e de 21,00 a 23,00.

Esta última instrución, asegura a Fundación Franz Weber, “supera con fartura as recomendacións de empregar os horarios de menor afluencia que emitiu a Dirección Xeral de Dereitos dos Animais”, dependente da Vicepresidencia Segunda do Executivo estatal.

A ONG considera que estas propostas de multa económica por vulnerar o confinamento son “nulas”, polo que os veciños afectados poden “recorrer ante a Delegación do Goberno” de maneira inmediata.

Neste mesmo sentido, os animalistas piden á representación do Executivo estatal en Galicia que inste os concellos da Estrada e Ponteareas “a suprimir estas disposicións” despois de que a Secretaría de Estado de Seguridade lembrase que “as administracións locais unicamente están facultadas para a adopción de medidas que sirvan para a execución das ordes directas da autoridade competente”.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Novidades no Nadal de Vigo: 75 casetas e dúas pistas de xeo na praza de Vialia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello ampliará o espazo do Nadal...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...