InicioSociedadeO buque hospital 'Esperanza do Mar' parte de Vigo para apoiar a...

O buque hospital ‘Esperanza do Mar’ parte de Vigo para apoiar a frota que faena nos Azores

Conta con quirófano, radioloxía, laboratorio de análise, camarotes de illamento para procesos infecciosos e psiquiátricos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O buque sanitario e asistencial ‘Esperanza do Mar’, adscrito ao Instituto Social da Mariña, partiu na tarde deste sábado de Vigo para retomar a súa actividade de apoio á frota que nestes momentos faena na área dos Azores.

Diso informou a Delegación do Goberno en Galicia, que lembra que este buque propiedade do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, presta apoio asistencial e sanitario á frota que faena en Azores e no Atlántico Norte, un labor que nestes momentos adquire especial relevancia.

Pola súa banda, nun comunicado, o Instituto Social da Mariña indicou que despois de realizar as reparacións obrigatorias en Vigo, baixo a supervisión e o control da Capitanía Marítima e da Sociedade Clasificadora, Lloyd’s Register, o barco, cuxo porto base está nas Palmas, partiu sobre as 18,00 horas do porto de Vigo ao encontro da frota que faena en augas dos Azores.

EQUIPAMENTO

O Instituto Social da Mariña destacou que, equipado cunha dotación tecnolóxica e sanitaria de vangarda, conta cunha zona hospitalaria que ocupa unha cuberta completa. Así, dispón de quirófano, radioloxía, laboratorio de análise, camarotes de illamento para procesos infecciosos e psiquiátricos.

Entre as súas misións -do mesmo xeito que o seu irmán pequeno, o “Juan de la Cosa”, que cobre a área do Cantábrico e Atlántico Norte- atópase prestar asistencia sanitaria mediante consulta tele-médica; atender, tanto nas súas instalacións como nos propios barcos, aos accidentados e, se a situación o require, realizar a evacuación de pacientes ata o porto máis próximo.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...