InicioSociedadeA Brilat desinfecta dúas residencias en Vigo e outra en Nigrán

A Brilat desinfecta dúas residencias en Vigo e outra en Nigrán

Os equipos de descontaminación actuarán nas Residencia Sanitas e na DomusVi da capital viguesa, ademais de na Bellavista de Nigrán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A unidade do Exército de Terra Brilat continúa coa ‘Operación Balmis’ en diferentes puntos do territorio galego. Durante esta xornada dedicarase a levar a cabo labores de desinfección en tres residencias de maiores, dúas en Vigo e unha en Nigrán.

Os equipos de descontaminación NBQ (Nuclear, Bacteriolóxico, Químico) van desprazarse ata a Residencia Sanitas residencial de Vigo e á DomusVi da mesma cidade, así como tamén á Residencia Bellavista en Nigrán.

Así o confirmou este sábado o equipo do exército que leva a cabo estas operacións e que hoxe traballarán neste tres establecementos galegos, como xa fixeron noutras residencias do territorio.

Estes centros convertéronse nun dos grandes focos de contaxio que máis pacientes con coronavirus enfermos está a deixar. Os datos oficiais da Consellería de Política Social mostran que ata agora se contabilizan máis de 600 casos positivos entre usuarios e traballadores.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...