InicioSociedadeA Brilat desinfectará residencias en Vigo e A Guarda

A Brilat desinfectará residencias en Vigo e A Guarda

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Exército de Terra, a través do seu Mando Compoñente Terrestre, no ámbito da ‘Operación Balmis’ pola crise sanitaria desprega este venres efectivos en misións de presenza e recoñecemento nas localidades galegas de Vigo, Vilagarcía, Xinzo de Limia, Portas –en horario de mañá– e Redondela (horario de tarde).

Ademais, este venres levarán a cabo militares da Brilat misións de desinfección cos equipos de descontaminación NBQ (Nuclear, Bacteriolóxico, Químico) na Residencia Monte Tecla da Guarda (Praia de Camposancos), na Residencia Santa Marta en Vigo e no Aeroporto de Avilés.

Tamén colaborarán coa Garda Civil no control fronteirizo na fronteira de España con Portugal en Pontevedra.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...