InicioSociedadeAs empresas participantes en Escudocovid19 entregan máis de 3.000 pantallas protectoras

As empresas participantes en Escudocovid19 entregan máis de 3.000 pantallas protectoras

Todo ese material vai destinado a persoal sanitario e de residencias, coidadores e servizos similares, ademais de axentes das forzas de seguridade, traballadores do sector do transporte, do agroalimentario, almacéns e outros operarios que deban manter a súa actividade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As empresas que participan na iniciativa Escudocovid19.org, coordinada en Galicia pola Universidade de Vigo e pola Asociación de Industriais Metalúrxicos (Asime), entregaron xa 3.750 pantallas protectoras para servizos sanitarios galegos na loita contra o coronavirus.

Segundo lembrou Asime, púxose en marcha unha plataforma galega, dentro do proxecto Escudocovid19, de alcance nacional. O obxectivo desta acción é mobilizar as capacidades económicas e produtivas das empresas para fabricar, de maneira áxil e alcanzable, en grandes cantidades, unha ampla variedade de equipos como máscaras, pantallas protectoras, vestiario plástico, desinfectantes, respiradores e lavadoras de utensilios.

Todo ese material vai destinado a persoal sanitario e de residencias, coidadores e servizos similares, ademais de axentes das forzas de seguridade, traballadores do sector do transporte, do agroalimentario, almacéns e outros operarios que deban manter a súa actividade

A iniciativa está coordinada por Asime a través do seu secretario xeral, Enrique Mallón, e pola Universidade de Vigo, a través do Director do Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial (CINTECX), José Luís Martínez Lastra, e o profesor da Escola de Enxeñaría Industrial, José Antonio Pérez. Investigadores do CINTECX e do Campus de Especialización Vigo Tecnolóxico tamén forman parte do equipo impulsor. A eles uníronse as empresas Adhex, Dalot, Dativic, Lupeon, MCSyncro, Mepronor, Plascies, Plymouth, Troqueles Galicia e Valver.

Asime destacou o labor desta última empresa, Valver, que está a levar a cabo de forma altruísta a produción galega dos escudos nas súas instalacións en Mos, adaptando os tempos, medios e persoal ás necesidades desta situación excepcional.

A eles, sumaron tamén as súas achegas económicas e esforzos outras empresas como Cerradoras López Galicia, Distevi, Itera Técnica, Onice Estudos e Proxectos, Resinas Castro, Royal Roos Enxeñaría e Vigumat.

PANTALLAS ENTREGADAS

Todas as accións levadas a cabo pola plataforma galega de Escudocovid19 foron comunicadas á Xunta, a través da delegada territorial, Corina Porro, a quen xa a pasada semana entregóuselle unha ‘pre-serie’ de 1.500 pantallas protectoras “para a súa proba, validación e distribución”.

A esa entrega sumouse, este luns, outra de pantallas producidas por Valver. Trátase de 3.750 unidades que foron distribuídas ao Hospital Álvaro Cunqueiro, o centro de maiores DomusVi do barrio de Barreiro, o hospital Vithas Nosa Señora de Fátima, o hospital Povisa, e o hospital Meixoeiro; mentres que unha parte quedáronse na delegación territorial para que faga repartición “segundo as necesidades”

Asime trasladou unha estimación de produción de máis de 10.000 pantallas en toda Galicia nos próximos días, así como outros equipos de protección.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...