InicioSociedadeO Pavillón do Berbés xa ten as 38 camas de campaña para...

O Pavillón do Berbés xa ten as 38 camas de campaña para os sen teito

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo habilitou o pavillón municipal do Berbés para atender  persoas sen teito, con 38 camas e outros servizos, que se suman ás prazas xa ocupadas no albergue (38), na Fundación Santa Cruz (38) e en varios hostais (24).

Así o trasladou o alcalde, Abel Caballero, quen avanzou que xa este martes se aloxarán no pavillón 20 persoas, onde disporán de camas, zona de aseo, alimentos e onde quedarán confinadas. “O concello de Vigo non vai deixar a ninguén sen atender. Levamos dúas semanas atendendo a toda a cidade, tomando medidas e preocupándonos polas persoas”, dixo.

Cruz vermella no Pavillón do Berbés © Miguel Nuñez

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...