InicioSociedadeOs animais dos refuxios e da rúa, dobremente desprotexidos durante o estado...

Os animais dos refuxios e da rúa, dobremente desprotexidos durante o estado de alarma

A Protectora de Animais Os Biosbardos pide axuda á cidadanía para seguir mantendo estes animais ante a "moi delicada" situación económica que atravesan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos, sitada en Ponteaeras, pide axuda perante esta situación de crise sanitaria que deixa os animais dos refuxios e da rúa dobremente desprotexidos.

Nun escrito remitido aos medios no que piden axuda económica, alimentación ou desparasitacións, a asociación critica que os animais volven ser neste momento “os grandes esquecidos”, “vítimas do abandono e a indiferencia”. “Para eles non hai medidas de protección, nin partidas extraordinarias”, sentenzan.

Fronte ás adversidades, dende a asociación seguen “valentes”, aínda que recoñecen que “teñen medo”: “Agora non podemos traballar, non podemos preparar mercadiño os sábados, non podemos montar os postos de comida nas festas programadas para marzo e abril, non podemos facer recadación de alimentos en supermercados…”. As opcións amiñóranse e calculan que o penso do que dispoñen durará aproximadamente dúas semanas.

Ante a falta de recursos económicos para mercar desparasitacións ou pagar facturas económicas, piden que a cidadanía bote unha man para sacar adiante aos máis de 485 animais que teñen ao seu cargo. “Moitos deles son enfermos crónicos que precisan o seu penso de dienta e a súa medicación para seguir vivindo; innumerables colonias felinas dependen de nós; axudamos a animais de persoas sen recursos… Sempre estamos aí pero agora soas non podemos“, sinalan no comunicado.

COMO AXUDAR

A nosa situación é moi, moi delicada agora mesmo, ningunha achega é pequena”, recoñecen. As canles para axudar a esta protectora de animais pasan por amadriñar ou apadriñar un animal, facer doazóns económicas a través desta conta bancaria (ABANCA ÍAN É38 2080 5435 5130 4012 3305 SWIFT/BIC : CAGLESMMXXX) ou a través de Paypal ou Teaming , e mercar na súa tenda virtual.

ÚLTIMAS

A Xunta di que o contrato con Povisa está pendente “dos últimos matices” para que a empresa se presente

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou este xoves que o contrato de...

Stellantis Vigo é competitiva, segundo o número dous do grupo industrial

Os sindicatos do comité de empresa da factoría de Stellantis en Vigo trasladaron este...

O Concello de Vigo asume os custos pola perda de axudas ao bus urbano

O Concello de Vigo asumirá os custos da perda de axudas ao transporte urbano...

As obras do hospital de día do Chuvi finalizarán antes do verán

As obras de ampliación do hospital de día do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo...