InicioSociedadeEn risco a vida dunha das usuarias da residencia DomusVi Barreiro de...

En risco a vida dunha das usuarias da residencia DomusVi Barreiro de Vigo ingresada no Cunqueiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

A situación comeza a complicarse nas residencias de anciáns. Tras os dous casos detectados na residencia DomusVI Barreiro, en Vigo, hai posibilidades de haxa novos casos no futuro. Dos casos confirmados, segundo familiares consultados, unha delas “foi xa desahuciada polos médicos do Álvaro Cunqueiro”.

Con todo, hai unha boa nova, xa que o médico do centro, que permanecía illado por temor a ser contaxiado, deu negativo nas probas e se reincorporará o traballo o luns. Varios dos residentes están illados nos cuartos individuais da primeira planta, segundo os familiares, “con síntomas preocupantes”.

Nas últimas horas realizáronse 38 test a 20 traballadores e 18 residentes que estiveron en contacto cos contaxiados, pero aínda non se saben os resultados. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...