InicioSociedadeChamada desesperada dos sanitarios ante a falta de material: "Convértenos en pacientes"

Chamada desesperada dos sanitarios ante a falta de material: “Convértenos en pacientes”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os sanitarios galegos comezan a mobilizarse ante a escaseza de material básico para equipos de protección individual (EPIS) co que afrontar o risco do coronavirus, que fai que algúns deles teña que traballar utilizando bolsas de plástico e batas de pintor. María Canedo, enfermeira do Sergas, activou xa unha petición na plataforma change.org para “poder atender aos pacientes en condicións de seguridade para os profesionais e tamén para o resto de pacientes”.

Así, denuncia que os protocolos cambian continuamente, “máis por problemas de non dispoñibilidade de material, que por base científica”. Os sanitarios insisten que “sen EPIS non hai protección para o profesional” e isto fai que eles mesmos acaben converténdose en pacientes, multiplicando o foco do contaxio.

“Isto é o que sucede hoxe no Chus, onde os profesionais piden material, e tentan apañarse co que poden / bolsas de plástico, batas plástico de pintor…..Terceiromundista!”, denuncia. Así, lembra que este é un “grave problema de saúde pública”. “Non teñen dereito a poñer en risco a nosa saúde, é máis, vostedes están obrigados a protexer a nosa saúde laboral”, indica.

Esta sanitaria, como xa manifestaron outros compañeiros en distintas cidades, aseguran que “hai cada vez máis compañeiros contaxiados” e acusan ás administración de non prevelo con anticipación porque xa pasaba noutros países. “Nun problema de saúde pública todos gañamos se facemos as cousas ben”, conclúe.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...