InicioSucesosPrimeiro caso de infectado en UNISONO de Vigo tras denunciar que isto...

Primeiro caso de infectado en UNISONO de Vigo tras denunciar que isto podería pasar

Traballadores e sindicatos denunciaron que traballan a menos de 1,5 metros de distancia e sen medidas de protección.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unisono Vigo, empresa con máis de 1000 traballadores no sector das teleoperadoras, informou na noite deste martes dun caso de contaxio de COVID- 19 nun dos centro que ten na rúa Valencia 22 en Vigo. Tamén confirmou outros dous casos en Madrid.

Traballadores e sindicatos denunciaron nos últimos días que esta situación podía pasar xa que traballan “sen medidas de protección de 1,5 metros de separación entre traballadores, sen máscaras, sen luvas e con poucos recursos de xel hidroalcoholico, nun centro de mais de 100 persoas vinculadas directamente e con contacto diario cos outros centros da rúa Gran Vía 104 e 110, compartindo traballadores ao longo do día dun centro a outro, cun total de 1000 persoas nos 3 centros en Vigo”.

A empresa, nun comunicado remitido aos traballadores, asegurou que esta persoa traballadora xa se atopaba de baixa laboral dende fai uns dias. Con todo, anunciou que procederá a unha “limpeza exhaustiva” do local para evitar o avance do virus.

Un traballador de Unísono ensina os cascos que lles dan para traballar / © Miguel Núñez.

Os traballadores critican que non se activou “ningún protocolo”. “Isto é intolerable e unha falta de respecto e de humanidade aos 1000 traballadores que realizan o seu traballo de forma obrigatoria, Obviando o RD 463/2020 decretado polo Goberno” denuncia Antón Otero, delegado sindical de UGT de Unisono Vigo.

“Onte (luns) a Delegada territorial de UNISONO de Vigo 3 mandou para casa a unha traballadora con febre e tos que levaba unha semán en presencia dos traballadores e cando a RTL (representación legal dos traballadores) fumos a preguntar, a Delegada negouno todo e hoxe saeu a noticia” asegura Otero. que engade que “a empresa non reune á RTL es está tomando medidas unilateralmente e negando todo.”

Sobre as medidas que vai a tomar UGT sinalan que non van a agardar a que o Comité de Seguridade e Saúde laboral (sindicatos CGT e CIG) actúen de oficio. “Nós imos a chamar a Sanidade, Policía e Inspección de Traballo”.

“A lei de prevención de riscos laborais é clara, e o Comité de Seguridade e Saúde Laboral , ante un caso de risco inminente, podería ter o centro de traballo segundo o artigo 21.

Traballadores de Unísono / © Miguel Núñez.

Críticas de CC.OO.

Este mesmo luns Comisións Obreiras denunciou ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social o feito de que os empregados de Bosch e Unísono traballen nas súas sedes de Vigo “sen que se aplicaron medidas especiais” para evitar a propagación do Covid-19.

Así o trasladou nun comunicado no que indicou que solicitou á inspección que transmita a estas empresas “as pautas de actuación a seguir” para que se poida actuar “coa máxima dilixencia posible” nos centros de chamadas se se confirma algún caso de contaxio por coronavirus.

Ademais, a central explicou que se dirixiu á Inspección de Traballo debido a que os empregados destas empresas “comparten espazos moi próximos”.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...