InicioSociedadeVigo Histórico, a revolución cidadá contra o túnel que quere Abel Caballero...

Vigo Histórico, a revolución cidadá contra o túnel que quere Abel Caballero na Porta do Sol

Centos de persoas participan nunha actividade organizada por esta asociación, moi crítica co proxecto do Goberno local.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ducias de persoas participaron este sábado nunha actividade organizada polo movemento cidadá Vigo Histórico para dar a coñecer a historia da cidade –boa parte dela descoñecida polos propios vigueses– e o seu patrimonio, non só o que se ve na superficie, tamén o que está agochado baixo o chan e ao que a obra do túnel da Porta do Sol que quere construír o Goberno de Abel Caballero (PSOE) ameaza con estragalo.

Un informe deste colectivo, no que participan diversos expertos, alerta do impacto do túnel no patrimonio cultural de Vigo. Para estes, “é unha aberración facer cambios substanciais nun conxunto BIC (O Casco Vello) que debería permanecer invariable no tempo”.

Tamén alertan de que “o túnel supón un desastre a nivel arquitectónico, arqueolóxico e sobre o valor do conxunto” e a obra “sáltase varios pasos da protección xuridica do patrimonio”.

“Ademais de poñer en risco efificios de cimentación antiga”, consideran que “vai dividir definitivamente o Casco Vello en dous”, ademais de facer “perder todo posible e probable xacemento que se atope no subsolo”, xa que “o control arqueolóxico só se vai realizar no primeiro metro e medio de profundidade”, polo que “todo resto romano ou da muralla que se atope máis abaixo vai ser levado por diante”, alertan.

Por outro lado, argúen que para a peonalización da Porta do Sol “non é necesario” facer un túnel, como así demostra a proposta que presentaron.

Ata agora, a asociación Vigo Histórico iniciou diversas accións de denuncia deste proxecto ante a Xustiza, tanto contra o Concello de Vigo como contra a Consellería de Cultura.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...