InicioSociedadePallasos, magos e contacontos para entreter e sacar sorrisos aos nenos ingrresados...

Pallasos, magos e contacontos para entreter e sacar sorrisos aos nenos ingrresados no Cunqueiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pallasos, magos, músicos, animadores e contacontos dinamizarán estancias ambulatorias e ingresos de pacientes da área de Pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Segundo trasladou a xerencia da área Sanitaria olívica nun comunicado, esta actuación será posible grazas a un acordo asinado coa asociación Galiclown-Pallasos de Hospital, cuxos voluntarios xa traballaron no hospital en ocasións anteriores.

En concreto, as persoas que prestarán este servizo serán voluntarios formados na dinamización de estancias hospitalarias e na relación con pacientes ingresados. A asociación conta con 25 voluntarios que se repartirán as actuacións, cuxos horarios e ámbitos reflíctense no acordo asinado.

Aínda que este proxecto céntrase no aspecto lúdico en zonas do hospital relacionadas con Pediatría, barállase unha posible ampliación do servizo a outros espazos e áreas hospitalarias.

Este acordo enmárcase nas iniciativas de humanización que leva a cabo a área Sanitaria de Vigo en distintos centros. Así, o Plan Estratéxico deste distrito do Sergas busca “humanizar” o coidado ao paciente con iniciativas como a dotación e decoración de espazos de Pediatría, así como a través do desenvolvemento de actividades neste ámbito sanitario.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...