InicioSociedadeArquivada a causa contra o investigado por un apuñalamento en Salceda

Arquivada a causa contra o investigado por un apuñalamento en Salceda

Non quedou acreditado que sexa o autor dos feitos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 1 do Porriño, ordenou o sobresemento e arquivo provisional das actuacións con respecto a Jurgen W.K., ata agora único investigado polo apuñalamento mortal dun mozo ás portas dun local de lecer en Salceda, en xuño deste ano, ao considerar que non quedou acreditado que sexa o autor destes feitos, segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Este veciño de Salceda foi detido e enviado a prisión, investigado como presunto autor do apuñalamento dun mozo de 25 anos de idade e de orixe marroquí, tamén veciño dese pobo, na madrugada do 8 de xuño.

No entanto, dez días despois, o mesmo xulgado, á vista das ampliacións do atestado presentadas pola Garda Civil, nas que se facía referencia a “un posible erro na identificación”, ordenou a súa posta en liberdade.

Jurgen W.K., coñecido como ‘O Alemán’, mantivo a súa condición de investigado e tiña que comparecer periodicamente en sede xudicial. Agora, a causa quedou arquivada con respecto a el e, de momento, segue sen coñecerse ao autor do apuñalamento mortal.

ÚLTIMAS

Caballero carga contra Rueda por “esquecer” o AVE directo a Madrid: “É a obra máis importante para Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou este martes ao presidente da Xunta, Alfonso...

A Xunta defende o papel estratéxico da EFCA en Vigo polo control pesqueiro

A Xunta de Galicia defendeu o "papel estratéxico" da Axencia Europea de Control da...

A Xunta cifra en 4,3 M€ as axudas da Xunta a Vigo para residuos

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou este martes a...

Confirmada a condena de 4 anos por agresión sexual á filla da parella en Vigo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...