InicioSociedadeA Vigo sáelle un competidor en luces de Nadal no norte de...

A Vigo sáelle un competidor en luces de Nadal no norte de Portugal

Ilumniarán cun espectáculo 3D unha das árbores de Nadal máis altas de Europa.

PUBLICADO O

A Cámara de Viana do Castelo, a capital da rexión do Minho, e unha das principais cidades do norte de Portugal quere competir con Vigo na atracción de turistas durante o Nadal. Para iso vai investir este ano máis de 122.000 euros en iluminação de Natal, máis de 50.000 euros máis que no 2018, trans un acordo coa cámara de empresarios locais.

O alcalde, tamén socialista, coma Abel Caballero, puxo especial interese “nunha animación de Nadal e do fin do ano, dando especial atención á promoción do programa de Viana do Castelo en Galicia para atraer máis turistas do país veciño”.

Imos aumentar o esforzo financeiro do municipio e imos facer unha campaña de promoción do programa natalício máis forte nos territorios de proximidade, nomeadamente na Galiza, e imos desenvolver un proxecto para dinamizar o comercio dixital”, destacou en declaracións a medios locais.

ESPECTÁCULO LUMÍNICO

Este ano, e tras o aumento do orzamento, está prevista a iluminación de máis de dúas decenas de rúas e prazas do centro histórico e “un xogo de luces sincronizado con música”, na principal artéria da cidade, a Avenida Combatentes da gran Guerra, “que permitirá a creación un espectáculo nunca inferior a 15 minutos“. “Este ano, Viana do Castelo terá iluminación distinta da dos anos anteriores cunha sorpresa na Avenida dos Combatentes. Será un novo motivo de atracción”, suliñou o rexedor.

Ademais, na praza da Liberdade, unha das principais prazas deste concello, será instalada “unha árbore de Natal 3D con cerca de 20 metros de altura“, unha das árbores naturais máis altas de toda Europa.

ÁRBORE DE NADAL

En 2018, o goberno local decidiu “por motivos ambientais”, abdicar da iluminación doutra árbore, unha araucária excelsa, que brillou durante máis de 20 anos. Fíxoo para preservar un “exemplar clasificado, patrimonio da cidade“, fronte aos sinais de fraxilidade que presenta.

Con máis de 50 metros de altura, a araucária excelsa era a máis alta de Europa e foi, durante máis de 20 anos, iluminada con miles de luces, sendo vista en toda a cidade, nun perímetro de varios quilómetros. A instalación da decoración era feita, manualmente, a pesar das fraxilidades que o exemplar xa presentaba.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...