InicioSociedadeConfirman a investigación de intoxicacións "leves" en escolas infantís e insisten que...

Confirman a investigación de intoxicacións “leves” en escolas infantís e insisten que son casos “illados”

O vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, sinalou que a Xunta está a estudar "o alcance e as causas" destas intoxicacións "leves".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia confirmou este mércores que está a investigar novos casos de intoxicación “leve” en escolas infantís ás que forneceu a mesma empresa de catering vinculada con outros episodios de intoxicación detectados hai uns días, e quixo enviar unha “mensaxe de tranquilidade” porque se trata de “casos illados”.

Así o manifestou, en declaracións aos medios antes de participar nun acto en Vigo, o vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, quen sinalou que a Xunta está a estudar “o alcance e as causas” destas intoxicacións “leves”. “Queremos enviar unha mensaxe de tranquilidade. Son casos illados e moi leves”, apuntou, e recalcou que a Xunta investiga para coñecer a orixe do problema e para “que non se volva a repetir”.

Rueda explicou que aínda é prematuro sinalar a causa da intoxicación porque “non hai conclusións definitivas“, e sinalou que se están analizando “no seu conxunto” todos os episodios vinculados a esa mesma empresa, co fin de coñecer, entre outros detalles, “se houbo algún problema na cadea de custodia dos alimentos”.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...