InicioSociedadeO camposanto de Matamá: como darlle vida a un cemiteiro

O camposanto de Matamá: como darlle vida a un cemiteiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cemiterio de Matamá pode ser un dos exemplos máis destacables de como os “camposantos” poden transformarse en espazos que, ademais do uso para o que foron creados, tamén poden ser espazos onde se podan levar adiante actividades para a comunidade.

Alfonso Alonso Rodríguez é membro da Asociación do Cemiterio de Matamá e explica brevemente que o cemiterio “naceu como un cemiterio propiedade dos veciños, logo a Igrexa rexistrouno ao seu nome, mais en 1996 recuperouse para a veciñanza”.

A recuperación da “boa xestión, adaptar o lugar para dar accesibilidade a todos e todas, e o saneamento do espazo” foron os primeiros pasos da Asociación para cambiarlle a cara ao camposanto. “Recuperamos os lugares máis emblemáticos, como o panteón de Eduardo Alonso, unha doazón de 1926, e levamos adiante a rehabilitación integral da capela”. O caso era poder “darlle vida ao cemiterio, aínda que pareza unha contradición, pero imos dándolle outros usos como actividades para todos os veciños e veciñas”.

Toda a reportaxe en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da...

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...