InicioSociedadeMáis do oitenta por cento dos médicos de familia na área de...

Máis do oitenta por cento dos médicos de familia na área de Vigo son fixos

A área sanitaria de Vigo espera incorporar nas próximas datas entre sete e nove facultativos, ademais dos 10 médicos que se incorporan á OPE noutras áreas, sendo "unha das incorporacións máis importantes nos últimos anos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tras a elección de destinos do pasado sábado, os 31 médicos de atención primaria que aprobaran a Oferta Pública de Emprego (OPE) e xa traballaban na actualidade na área de Vigo, optaron por quedar na zona viguesa, mentres que se incorporaron 10 médicos máis, nove da oposición e un do concurso de traslados, o que supón un “importante” incremento do persoal estable, pasando do 73,2% ao 82,36% de persoal fixo na categoría de médico de familia.

Así, segundo destacou a Xunta nun comunicado, os postos elixidos foron en Puntos de Atención Continuada de Val Miñor, Redondela, Cangas-Moaña, Cañiza, A Garda, Porriño e Tui, así como nos centros de saúde de Pintor Colmeiro, Dobrada, A Garda, Cangas, Coia, Salvaterra de Miño, O Rosal, Casco Vello, Moaña, Gondomar, Ponteareas, Teis, Tui e O Porriño.

A estas novas incorporacións súmanse tres novas prazas creadas en Coia, Lavadores e Ponteareas do Plan Galego de Atención Primaria que se incorporarán o próximo día 4 de novembro.

“Nos próximos meses, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) dotará a Vigo de máis prazas de médico de familia de nova creación, entre catro e seis”, subliñou a Xunta, algo que, segundo indicou, continuará en 2020 e 2021.

En definitiva, a área sanitaria de Vigo espera incorporar nas próximas datas entre sete e nove facultativos, ademais dos 10 médicos que se incorporan á OPE noutras áreas, sendo “unha das incorporacións máis importantes nos últimos anos”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...