InicioSociedadeO saneamento da parroquia de Teis levará un investimento dun millón de...

O saneamento da parroquia de Teis levará un investimento dun millón de euros

A conselleira de Infraestruturas sinalou que esta intervención debera ser municipal, mais ao veren o estado do saneamento nesta parte de Vigo, decidiron intervir.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo este mércores unha reunión con representantes da Asociación de Veciños da parroquia viguesa de Teis, aos que lles trasladou que a Xunta está a ultimar a redacción do proxecto de mellora do saneamento neste barrio co fin de contratar o próximo ano estas obras, que suporán un investimento dun millón de euros.

Así, nun encontro no que tamén estivo presente a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, Vázquez subliñou que nos Orzamentos do Goberno galego de 2020 xa se reserva unha partida de 250.000 euros para avanzar neste proxecto hidráulico.

Segundo a titular de Infraestruturas, o sistema de saneamento de Teis, conformado por unha rede de colectores e varios bombeos que finalizan na depuradora, presenta “deficiencias”. Nese sentido, un estudo previo detectou problemas de infiltracións, que provocan “unha sobrecarga continua na rede”.

“A pesar de ser unha competencia municipal, xa que o abastecemento, o saneamento e a depuración son competencia exclusiva municipal, quixémonos implicar ao ver, nun estudo previo que se fixo en Augas de Galicia, esas deficiencias importantísimas como consecuencia de grandes infiltracións de augas de río e augas brancas na rede de colectores”, explicou a conselleira en declaracións aos medios.

DÚAS ZONAS

Por todo iso, a Xunta centrará a súa acción en dúas zonas específicas. Unha delas será na baixada a ríos, onde actualmente hai rede separativa pero na que se filtra auga do río Paraixal, polo que se construirá unha nova rede de pluviais e mellorarase a rede de fecais.

A segunda zona correspóndese co colector do río Paraixal, construído en paralelo ao leito do río e, en ocasións, baixo o mesmo. Debido ás infiltracións, é necesario un novo colector, de material plástico, para reducilas.

Pola súa banda, na reunión os veciños de Teis solicitaron a Vázquez a reforma “integral” da Avenida de Galicia, de titularidade autonómica, para “reforzar a seguridade viaria”. Así, lembraron nun comunicado que nesta vía a Xunta xa realizou unha primeira fase na avenida de Vigo en Chapela, no ano 2017, “pero quedou pendente a actuación no barrio de Teis”.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...