InicioSociedadeOs emprendedores seleccionados na nova edición de ViaGalicia mostran os seus proxectos...

Os emprendedores seleccionados na nova edición de ViaGalicia mostran os seus proxectos en Porto do Molle

A 6ª edición de ViaGalicia conta cun orzamento global de 2 millóns de euros destinados a formación, asesoramento, 'mentoring', 'coworking' e financiamento dos proxectos que participen no programa de aceleración.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os representantes dos 35 proxectos de emprendimiento seleccionados na sexta edición de ViaGalicia, aceleradora de empresas impulsada por Zona Franca de Vigo e pola Xunta de Galicia, mostraron este luns as súas potencialidades, con motivo do denominado ‘StartupDay’, que se celebrou no parque empresarial de Porto do Molle, en Nigrán.

Na inauguración desta xornada, o delegado de Zona Franca, David Regades, puxo en valor a aposta deste organismo estatal polos proxectos de emprendimiento, e lembrou que as iniciativas impulsadas nesta edición foron seleccionadas de entre máis de 200 proxectos. Así, subliñou que os elixidos destacan por “o seu valor diferencial e polo seu potencial na dinamización e modernización do tecido empresarial” da rexión.

Ademais da xornada deste luns en Nigrán, a sede de ViaGalicia en Lugo terá o seu propio ‘StartupDay’ o vindeiro xoves, e nel participarán 18 proxectos de emprendimiento seleccionados na provincia lucense.

Despois da celebración de ambas as xornadas, seleccionarase ata un máximo de 20 proxectos por sede, que pasarán á denominada ‘fase de Academia’. Nesa etapa, os emprendedores coñecerán as ferramentas necesarias para definir o seu modelo de negocio e mellorar as súas propostas durante 8 fins de semana de formación e tutorización.

A 6ª edición de ViaGalicia conta cun orzamento global de 2 millóns de euros destinados a formación, asesoramento, ‘mentoring’, ‘coworking’ e financiamento dos proxectos que participen no programa de aceleración.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...