InicioSociedadeMédicos de Primaria de Vigo irán a folga pola "sobrecarga asistencial"

Médicos de Primaria de Vigo irán a folga pola “sobrecarga asistencial”

Será o vindeiro 7 e 8 de novembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Médicos de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo aprobaron por maioría ir á folga os días 7 e 8 de novembro para reclamar unha solución que dea resposta á sobrecarga asistencial e ás xubilacións masivas que terán lugar os próximos anos.

Os profesionais tomaron esta decisión, que se trasladará a representantes das demais áreas sanitarias galegas o próximo 3 de outubro, durante unha asemblea celebrada este martes en Vigo. Mentres, rexeitouse levar a cabo unha folga indefinida.

Ademais, os facultativos aprobaron celebrar o próximo 26 de outubro unha manifestación en Santiago á que se convidará a participar a toda a cidadanía. Así mesmo, acordaron realizar concentracións ante os distintos centros de saúde durante todos os xoves de outubro.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...