InicioSociedadeAtención: novas obras de Audasa complicarán o tráfico na Ponte de Rande

Atención: novas obras de Audasa complicarán o tráfico na Ponte de Rande

PUBLICADO O

- Advertisement -

Audasa, a concesionaria da autoestrada máis rendable do estado, comezará novas obras na Ponte de Rande que causarán incidencias no tráfico. Con motivo destas obras produciranse desvíos de tráfico en dous dos seis carrís da ponte entre as 22,00 horas e as 6,00 da mañá nas noites do luns e do venres.

A empresa suliñou que este luns comezarán os traballos para “optimizar a seguridade da ponte para a súa operativa e mantemento”, o que suporá a instalación de novas varandas de seguridade na parte superior dos cabeceros metálicos, nas pilas norte e sur da ponte.

Deste xeito, a empresa detallou que os traballos se realizarán de noite con maquinaria de gran tonelaxe e coa supervisión da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e a Dirección Xeral de Estradas.

Audasa está sendo investigada por cobrarlle aos usuarios mentres realizaba as obras de ampliación da ponte. Unhas obras que provocaron numerosas incidencias no tráfico e que influíron na xornada laboral de moitos traballadores.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...