InicioSociedadePonteareas terá nova iluminación na N-120 tres anos despois de pedila

Ponteareas terá nova iluminación na N-120 tres anos despois de pedila

O Ministerio de Fomento iniciará este martes, 15 de maio, a execución das obras de reforzo de iluminación na estrada N-120 no termo municipal de Ponteareas (Pontevedra).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Fomento iniciará este martes, 15 de maio, a execución das obras de reforzo de iluminación na estrada N-120 no termo municipal de Ponteareas. Unhas obras que chegan con atraso.

En concreto, informou o Ministerio de Fomento nun comunicado de prensa, esta actuación ten por obxecto a instalación de iluminación nas interseccións canalizadas dos puntos quilométricos 646,120 e 648,620 da N-120, así como a reparación e reforzo da iluminación existente nas interseccións dos quilómetros 645,420; 648,015 e 649,650.

Con estes traballos, concreta Fomento, preténdese mellorar “as condicións de seguridade viaria tanto para a circulación de vehículos como de peóns”. O orzamento de adxudicación destas actuacións ascende a un total de 117.769,22 euros (IVE incluído), puntualiza o Ministerio de Fomento.

Foi en outubro do 2016 cando o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, remitiulle ao Xefe de Demarcación de Estradas do Estado en Galicia o acordo adoptado pola Plataforma de Afectados pola N-120, na que solicitaban “de xeito urxente” a contratación das obras incluídas no proxecto redactado polo Ministerio de “reforzo de iluminación en la N-120”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...