InicioSociedadeA alcaldesa de Moaña: "O de Rande é unha chapuza e os...

A alcaldesa de Moaña: “O de Rande é unha chapuza e os veciños están fartos”

A alcaldesa de Moaña constata que os veciños están "fartos", após outra fin de semana de atascos

PUBLICADO O

- Advertisement -

As obras de asfaltado da ponte de Rande, que provocan retencións e tráfico lento a diario (as últimas esta fin de semana, coincidindo co ‘derby’ e a afluencia ás praias) son unha “chapuza”. Así o suliñou a alcaldesa de Moaña, a nacionalista Leticia Santos, que criticou a “falta de respecto institucional” do Ministerio de Fomento.

“Non só non comunicou no seu día que as obras de Rande estaban sen acabar, senón que tampouco aclara cando finalizarán eses traballos. É unha auténtica chapuza na xestión e falta de respecto institucional. Os veciños están absolutamente fartos“, sentenciou. Santos tamén lamentou que as obras de asfaltado non se realizan “con celeridade”, xa que o ritmo descendeu en comparación ás quendas de traballo que había para a ampliación da ponte.

“INTOLERABLE”

Para o deputado do BNG, Luís Bará, as obras están acabando coa “paciencia” dos cidadáns e esixiu a Fomento que abra expediente sancionador á concesionaria da autoestrada AP-9, Audasa. En declaracións aos medios, o parlamentario constatou que a situación é “intolerable”, e lembrou que a ampliación da ponte inaugurouse a finais do ano pasado “para favorecer os intereses” da empresa, aínda cando as obras non estaban rematadas.

Leticia Santos, alcaldesa de Moaña / BNG

“O que máis nos preocupa é a pasividade do Ministerio de Fomento, coa complicidade da Xunta, que permite esta estafa e este abuso”, proclamou, e esixiu “que se empecen a pór multas” a Audasa “pola desastrosa xestión” destas obras e da autoestrada en xeral. Así mesmo, reclamou “medidas compensatorias” para os usuarios que, despois de estar “até unha hora” atrapados na ponte, teñen que pagar a peaxe.

AUTOVÍA DO MORRAZO

Por outra banda, e a preguntas dos medios, a alcaldesa referiuse tamén ás obras de conversión do corredor do Morrazo en autovía, e celebrou a próxima apertura, “no prazo pactado”, dos tramos que xa están desdobrados.

Non entanto, incidiu en que Moaña non participará en ningún acto nin inauguración ata que a Xunta non repoña os viais municipais danados polo paso de camións pesados e solucione os problemas de condución de augas pluviais, que están a causar perxuízos a vivendas.

ÚLTIMAS

O condutor do coche que se precipitou ao mar en Domaio, cuxa acompañante apareceu morta, acelerou “notablemente” antes de caer

O condutor do coche sinistrado no Paseo de Domaio, en Moaña, "acelerou notablemente" antes...

Investigan a aparición dunha muller falecida tras caer nun coche ao mar en Domaio

A Garda Civil investiga as circunstancias que rodean a aparición do corpo sen vida dunha muller,...

Nova concentración na praia do Vao para reclamar “acceso libre” á illa de Toralla

A praia do Vao en Vigo acolleu este sábado un novo acto reivindicativo, organizado...