InicioSociedadeO nunca visto: o camiño de Santiago, agora en kaiak desde Tui

O nunca visto: o camiño de Santiago, agora en kaiak desde Tui

O Camiño de Santiago modernízase.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tui será o punto de partida do Camiño de Santiago en kaiak de mar. Do 18 ao 21 de abril realizarase unha experiencia piloto e a continuación as rutas poranse en marcha de forma estable até outubro, sempre que as condicións do tempo o permitan.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, vén de presentar esta iniciativa xunto a Alberto Rocha, promotor da mesma, e Antonio Paz, presidente da Asociación Galega de Kaiak de Mar.

O rexedor tudense explicou na presentación que dende o Concello se apoia todas aquelas vías de peregrinación que teñan Tui como punto de partida. Destacou neste caso a realización do Camiño por vía fluvial e marítima indo de Catedral a Catedral.

Alberto Rocha explicou que esta peregrinación en kaiak de mar brindará unha visión totalmente distintas dos lugares por onde pasa, dende o río ou o mar cara terra. Explicou que en abril, do 18 ao 21, farán unha experiencia piloto con etapas un pouco máis longas do que serán logo as rutas que propoñen.

Así a partir de aí aqueles que desexen participar nesta iniciativa poderán optar por realizar o Camiño en 5 ou en 10 etapas, completando en todo caso 85 quilómetros en kaiak de mar, e os 25 quilómetros últimos a pé dende Padrón ata Santiago. Cada grupo deberá estar formado por un mínimo de 4 persoas e un máximo de 20, indo sempre acompañado por guías, e podendo optar por un k1 ou un k2.

Antonio Paz, presidente da Asociación Galega de Kaiak de Mar, destacou coma nesta iniciativa se xuntan a parte deportiva coa busca de novos retos. Pódese ampliar a información sobre esta iniciativa en www.spainkayak.com.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...