InicioSociedadeA Garda Civil exhibese en Arbo

A Garda Civil exhibese en Arbo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Arbo acolle o 14 de abril unha xornada de acercamento, exhibición e exposición da Garda Civil. Organizada pola Compañía de Tui, o Posto da Garda Civil de Arbo e os Concellos de Crecente e Arbo, é a primeira vez que este concello acolle un evento semellante para achegar á cidadanía o acontecer diario de distintas unidades deste corpo, mostrando os medios dos que dispoñen e explicando as principais labores que desempeñan dun xeito lúdico e con actividades enfocadas cara os máis pequenos.

“Con este acto os Concellos de Crecente e Arbo pretenden recoñecer o labor calado, e moitas veces ingrato deste corpo que tanto axuda aos veciños do rural no seu día a día, protexendo, socorrendo e acudindo sempre prestos aos seus requerimentos”, destaca o concello nun comunicado.

Cartel das xornadas das Garda Civil en Arbo

O evento comezará ás 10.45h coa recepción de autoridades e a posterior entrega de banderín á Compañía de Tui e placa conmemorativa ao Posto da Garda Civil de Arbo, xunto cunha ofrenda-homenaxe aos Caídos coa interpretación de Himnos a cargo da Banda de Música Municipal de Arbo, e se prolongará ao longo de toda a xornada.

Os asistentes poderán disfrutar dos numerosos atractivos no recinto instalado CEIP “Antonio Carpintero”, con exhibicións, simulacros e unha exposición de medios para prestar servizo ao cidadán; servizo xeral e especialidades en montaña, aire, mar, medio ambiente, agrupación tráfico, desactivación de explosivos, antidroga… e para os máis pequenos se instalará, a partir das 16.30 horas, un circuito de karts na Praza do Concello, na que aprenderán as normas básicas de circulación.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...