InicioSociedadeVídeo e fotos: O feminismo concéntrase de novo en Vigo tras dous...

Vídeo e fotos: O feminismo concéntrase de novo en Vigo tras dous asasinatos machistas máis

"Defendemos o dereito a vivir en paz", destacaron as manifestantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Aos pés do museo Marco, lugar protagonista nos últimos tempos de concentracións de todo índole na cidade de Vigo, celebrouse este martes un acto en repulsa do asesinato de dúas mullres galegas, unha en Valga (Pontevedra), e outra muller nacida en Sober (provincia de Lugo), que residía en Madrid.

Estos crimes prodúcense ademais aos poucos días da folga feminista do 8M, coincidindo co Día Internacional da Muller. Ante a traxedia, as mulleres concentráronse de novo en Vigo e noutras cidades galegas, con lemas como “cando unha muller é asasinada, todas somos vítimas, ou “defendemos o dereito a vivir en paz”.

As manifestantes non dubidaron en sinalar ao patriarcado, e esixiron máis recursos para facer efectivas as leis de violencia de xénero. “Queremos poder ser libres, para ir pola noita, para pasear soas polas rúas”, destacaron.

“Non queremos máis pésames, nin minutos de silencio, non queremos loito, queremos que non haxa ningunha muller máis asasinada”, selaban: “Non imos ficar caladas”.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...