InicioVigo e contornaRedondelaO alcalde vigués, enfadado cos outros rexedores da área: "Eu subvenciono os...

O alcalde vigués, enfadado cos outros rexedores da área: “Eu subvenciono os voos dos seus veciños”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reprochoulles aos alcaldes da área metropolitana que non agradezan á cidade as subvencións municipais por valor de 3 millóns de euros a aerolíneas que operan en Peinador e que son utilizadas por viaxeiros desoutros municipios de fóra de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conflito co PassVigo e a sentenza xudicial que obriga a este concello a dar servizo a usuarios que non estan empadroados en Vigo ten alporizado ao rexedor vigués. Logo de advertir que o aparcadoiro do hospital Álvaro Cunqueiro “só será gratis” para os vigueses, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, reprochoulles aos alcaldes da área metropolitana que non agradezan á súa cidade as subvencións municipais por valor de 3 millóns de euros a aerolíneas que operan en Peinador e que son utilizadas por viaxeiros desoutros municipios de fóra de Vigo.

Así o manifestou o rexedor nunha rolda de prensa, en referencia á reunión da comisión de seguimento do transporte metropolitano, na que Xunta e concellos reclamaron a Caballero a incorporación do bus urbano a ese plan autonómico. “Eu esperaba que nesa reunión agradeceran a Vigo que pague 3 millóns de euros en transporte aéreo, en avións nos que viaxan cidadáns dos seus municipios. E a Xunta paga cero e eles pagan cero. Esperaba que o recoñecesen”, proclamou.

Caballero tamén lles recriminou que non dixesen que “o custo da lei Feijóo anti-Vigo”, que obriga ao goberno olívico a eliminar o requisito do empadroamento para bonificar o bus, “é elevadísimo”. “Tampouco dixeron que é unha lei que só se aplica en Vigo”, engadiu.

CONTRA PP E BNG

O alcalde tamén arremeteu contra a primeira edil de Moaña, a nacionalista Leticia Santos, á que afeou a súa oposición ao transvasamento do Verdugo “para levar auga a Vigo e a Moaña”; do mesmo xeito, criticou ao rexedor ‘popular’ de Redondela, Javier Bas, que “di auga non, pero que Vigo pague máis, si”.

Por outra banda, denunciou que a Xunta “renega da súa lei” 2/2017, porque “anula” a segunda parte, na que se prohibe o requisito do empadroamento nos bonos sociais. “É a parte que afecta a outros concellos como Santiago, A Coruña ou Lugo, e di que iso non se ten que aplicar. É unha situación esperpéntica”, recalcou.

Xa veremos cal é o percorrido que ten isto, pero que saiba a cidade que estamos niso, non quedamos quietos”, incidiu Abel Caballero, que reiterou que a lei 2/2017 “antiVigo” aprobouse “despois de que Vigo dixese que non aceptaba a chantaxe da Xunta co transporte metropolitano”.

ÚLTIMAS

A CUT denuncia “escurantismo” na negociación dos bombeiros de Vigo

A CUT criticou este martes a proposta de solución exposta pola mesa de negociación...

A veda do choco nas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa estenderase ata finais de outubro

A Xunta estableceu a veda para a captura do choco nas rías de Vigo,...

Detido un veciño de Gondomar como presunto autor de seis roubos con forza en gasolineiras

A Garda Civil detivo a un veciño da localidade pontevedresa de Gondomar como presunto...

Pintadas tránsfobas no centro LGTBI+ do colectivo Avante

O centro LGTBI+, aberto polo colectivo Avante o pasado 4 de maio en Vigo,...