InicioSociedadeA Xunta expropia terreos en Sanxenxo, Nigrán e Baiona para mellorar a...

A Xunta expropia terreos en Sanxenxo, Nigrán e Baiona para mellorar a seguridade viaria

O Consello da Xunta autorizou este xoves expropiacións para a mellora da seguridade viaria en estradas de Sanxenxo, Nigrán e Baiona, para unhas obras ás que destinará case un millón de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Xunta autorizou este xoves expropiacións para a mellora da seguridade viaria en estradas de Sanxenxo, Nigrán e Baiona, para unhas obras ás que destinará case un millón de euros.

Por unha banda, o Consello autorizou as expropiacións para a mellora da seguridade na estrada PO-308, entre o miradoiro da Granxa e o acceso a Nanín, en Sanxenxo. O decreto de utilidade pública comprende as expropiacións dos 9 predios necesarios para a mellora, nunhas obras nas que se prevé investir uns 530.000 euros.

Trátase dun proxecto que define as actuacións para a mellora da seguridade viaria nun tramo de concentración de accidentes, redactado no marco da estratexia da Xunta para eliminar os denominados “puntos negros” na rede autonómica de estradas.

As actuacións desenvolveranse no tramo da PO-308, comprendido entre o punto quilométrico 12+450, despois do miradoiro da Granxa, e 15+200, antes de chegar a Nanín.

As actuacións previstas consistirán na construción dunha glorieta na intersección do punto quilométrico 13+760 coa estrada provincial de acceso á praia de Areas.

Desde o punto 12+760 ao 13+700 na zona da curva de Vos Cotos, renovarase o firme, a sinalización e o balizamento e os sistemas de contención.

Ademais, ampliarase a plataforma da estrada para acondicionar as paradas de bus e executarase algún pequeno tramo de senda peonil. Tamén se modificarán as beirarrúas das interseccións do tramo para adaptalas á normativa de accesibilidade.

MELLORA DA ESTRADA PO-552

Por outra banda, o Consello da Xunta autorizou o proxecto de decreto polo que se declara a utilidade pública e disponse a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para eliminar un tramo de concentración de accidentes na estrada PO-552, entre a glorieta de conexión coa AG-57 e Sabarís, en Nigrán e Baiona, cun investimento de máis de 400.000 euros.

A intervención fai necesaria a expropiación de 10 predios, para o que se destinan 18.000 euros.

A actuación define a execución dos traballos de mellora da seguridade viaria e eliminación dun tramo de ‘punto negro’ na estrada Vigo-Tui, comprendido entre os puntos quilométricos 10+740 e 13+440.

Os traballos previstos no tramo consistirán na mellora das interseccións onde se producen a maioría dos accidentes. Así, executaranse cambios de sentido e habilitaranse carrís centrais de espera, para facilitar os xiros á esquerda en interseccións que teñen suficiente visibilidade.

Ademais, executarase unha semiglorieta na intersección do punto quilométrico 10+740, para facilitar os cambios de sentido e unha nova glorieta no 11+150, que se corresponde coa rúa Rans.

Tamén se mellorará a intersección no p.k. 11+500 co camiño Carballal coa execución dun carril central de espera e semiglorieta.

Segundo o proxecto aprobado polo executivo autonómico, realizaranse pequenos tramos de beirarrúas e instalaranse balizas.

No Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020, a Xunta está a desenvolver unha estratexia para tentar reducir ata 2020 a accidentalidade dos tramos cualificados como de concentración de accidentes. Está prevista a execución de aproximadamente 40 actuacións en 90 kms., con investimento que superará os 12 millóns de euros, no horizonte da lexislatura.

ÚLTIMAS

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e Los Muchahos, no cartel do Festival de Cans

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e os Raparigos son algunhas das...

Localizada en bo estado a muller de 41 anos desaparecida en Vigo o pasado domingo

A veciña de Vigo de 41 anos de idade desaparecida desde o pasado domingo,...

O BNG de Vigo denuncia “precariedade” na agrupación de Protección Civil e pide “solucións urxentes”

O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, demandou ao goberno local...

O acusado de agredir dúas mozas en Vigo nega os feitos e as vítimas aseguran que estaban en “shock”

Un acusado de agredir sexualmente a dous mozos en Vigo desmentiu os feitos nunha...