InicioMedio Ambiente e PatrimonioVigo móvese pola liberación de Ron, o can que leva encadeado 7...

Vigo móvese pola liberación de Ron, o can que leva encadeado 7 anos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dende a Asociación vegana “No Como Animales” piden a máxima difusión do caso de Ron, un can que leva atado sete anos, o que xa foi denunciado ás autoridades viguesas e apareceu nos medios de comunicación.

“Nós difundimos para exercer presión social e animamos a todos e todas a facer o mesmo, a ver si por vergoña o Concello de Vigo actúa dunha vez e deixa de ofrecer esta esperpéntica imaxe”, declararon dende a Asociación.

“Sabemos que moitos dirán: por que non o colle alguén e o saca de alí? Non pensamos que sexa tan sinxelo. O can é grande, leva moitos anos atado e estará cun nivel de estrés e medo importante, polo que sacalo non sería sinxelo. Ao mesmo tempo, tería que lograr un adoptante moi responsable que traballase con el e lle fixera coñecer unha vida diferente”, enumeran.

E engaden que, “por se fora pouco, o peor é que incluso conseguindo isto, o seu dono podería coller outro can e encadealo de por vida, polo que é fundamental conseguir que as leis sexan mucho más estrictas, para liberar a Ron”.

DIVISIÓN DE OPINIÓNS

Técnicos especialistas da Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber , denunciaron hai uns días p estado dun can “con pouca hixiene, rodeado de lixo e os seus propios escrementos e malvivindo atado a unha cadea parcialmente oxidada”. Unhas circunstancias nas que levaría ao redor de 7 anos. Tras a denuncia desta entidade, a Policía Local e un veterinario acudiron ao lugar pero non consideraron degradante a súa situación, nin motivo de sanción ao seu dono.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...