InicioSociedadeJavier Losada celebra que o Goberno amplíe as axudas para os afectados...

Javier Losada celebra que o Goberno amplíe as axudas para os afectados da explosión pirotécnica de Tui

O novo decreto flexibiliza os trámites para a solicitude de axudas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno ampliou as axudas para os afectados pola explosión dunha pirotecnia ilegal na parroquia de Paramos en Tui (Pontevedra), que se saldou con dúas vítimas mortais e 37 feridos.

Así o destacou o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, despois de que no Consello de Ministros deste venres aprobase un Real Decreto-Lei para ampliar as axudas financeiras e os beneficios fiscais concedidos para paliar os danos producidos polos temporais, incendios, inundacións e outros desastres ocorridos en 2018, entre eles, o do 23 de maio en Tui.

Javier Losada reivindicou que a medida selada este venres tamén supón “a flexibilización dos trámites para a solicitude de axuda e a implementación de medidas laborais e en materia de Seguridade Social para a zona”. Así mesmo, Losada destacou a ampliación do prazo para solicitar as axudas e a supresión dos límites previstos na normativa actual para que o Concello de Tui poida recibir axudas polos gastos causados.

O delegado do Goberno puxo en valor tamén a ampliación do prazo para solicitude as axudas e a supresión dos límites previstos na normativa a actual para que o Concello poida recibir axudas polos gastos causados.

Sobre a limpeza, o Real Decreto explica que “serán subvencionados os gastos realizados pola corporación local derivados de actuacións inaprazables en situación de urxencia para a limpeza urxente de pezas de amianto e outros materiais tóxicos proxectados pola explosión”, “incluíndo o proxecto técnico e a dirección de obra relativos a ditos traballos”.

No que respecta ao resto de actuacións, o Concello non terá como límite a contía prevista na norma de 2005, “de modo que o importe das axudas poida estenderse ata o cento por cento dos referidos gastos de urxencia”.

“Poderán subvencionarse aquelas actuacións inaprazables que se levaron a cabo co fin de garantir a vida e seguridade das persoas e o funcionamento dos servizos públicos esenciais”, inclúe o Real Decreto.

ALOXAMENTO E ALIMENTACIÓN

Entre estas actuacións inclúense a evacuación, aloxamento e alimentación de persoas afectadas, a retirada de lodos e areas e a limpeza de vías e contornas públicas que sexan indispensables para os fins descritos. En palabras de Javier Losada trátase dunha nova demostración do compromiso do Goberno que “fai o que di e di o que fai”.

Tras a ampliación decretada polo Consello de Ministros, as axudas por falecemento ou por incapacidade absoluta e permanente ascenden a 18.000 euros; por destrución ou danos en enseres, ata 2.580 euros, e a establecementos industriais, mercantís e de servizos, incluídos os agrarios, marítimo pesqueiros, turísticos e doutros servizos, ata 9.224 euros.

En canto aos danos na vivenda, por destrución total cubrirase o custo dos danos cun máximo de 15.120 euros; por danos á estrutura ata o 50% dos danos cun máximo de 5.160 euros; por danos a elementos comúns dunha comunidade de propietarios, o 50% dos danos cun máximo de 9.224 euros e por destrución ou danos nos aveños domésticos de primeira necesidade, ata 2.580 euros.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...