InicioSociedadeConfirmadas as penas de cárcere para tres homes que cobraron 15.700 euros...

Confirmadas as penas de cárcere para tres homes que cobraron 15.700 euros por unha reforma en Vigo que non chegaron a executar

O TSXG avala a condena de un ano e nove meses de prisión por estafa e mantén a obriga de devolver á vítima o diñeiro cobrado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos de apelación interpostos por tres condenados a un ano e nove meses de cárcere como autores dun delito de estafa ao realizar unha reforma dun piso en Vigo. Desta maneira, o Alto Tribunal galego confirmou a sentenza da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que condenou en marzo os tres homes por estafar a outro individuo na execución dunha reforma no seu piso na cidade olívica.

Segundo os feitos probados recollidos na sentenza da Audiencia, os investigados pactaron uns traballos coa vítima, que lles entregou un total de 15.700 euros como adianto por unha obra valorada inicialmente en máis de 38.000 euros. A pesar de todo, os agora condenados non chegaron nin a executar os traballos mínimos de demolición.

Por iso, a Audiencia considerou probado que non tiñan “intención real de cumprir co contrato nin de devolver as cantidades percibidas”. Desta maneira, condena os tres a un ano e nove meses de prisión, así como a indemnizar a vítima co diñeiro cobrado. O tribunal aprecia a atenuante de ludopatía nun dos investigados. Agora, o TSXG confirmou a sentenza, que aínda non é firme, xa que pode ser recorrida ante o Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...