InicioSociedadeA irmá de Humberto Baena pide a Caballero unha homenaxe oficial en...

A irmá de Humberto Baena pide a Caballero unha homenaxe oficial en Vigo

Flor Baena lembra que o seu irmán foi un dos últimos fusilados polo franquismo e reclama un recoñecemento institucional na súa cidade natal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena, un dos últimos fusilados pola ditadura franquista en setembro de 1975, solicitou este luns por rexistro unha entrevista co alcalde de Vigo, Abel Caballero, a quen lle trasladará a petición de que o Concello organice unha homenaxe oficial ao seu irmán. Nun vídeo publicado nas redes sociais, Flor Baena lembra que o Concello de Oleiros, na Coruña, lle dedicou unha rúa ao seu irmán en 1985, coincidindo co décimo aniversario do que cualifica como “xuízo inxusto no que foi sometido a torturas e acusado dun crime que non cometera”.

A condena e o xuízo de Xosé Humberto Baena foron declarados nulos ao abeiro da Lei de Memoria Democrática e, no verán de 2025, o Ministerio remitiulle á familia a declaración oficial nese sentido. Posteriormente, en outubro de 2025, o Congreso dos Deputados organizou en Madrid un acto con familiares das persoas fusiladas e asasinadas polo franquismo. Así mesmo, o pasado mes de xuño, a Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, onde estudou Humberto Baena, abriu o denominado ‘Espazo Baena’, no que se dá a coñecer o seu caso.

O Concello de Vigo tamén adoptou anteriormente medidas de recoñecemento. En 2005 aprobou, por proposta de Amnistía Internacional, unha declaración institucional contra a pena de morte na que se facía referencia ao caso dos dous vigueses fusilados en 1975, Xosé Humberto Baena e José Luis Sánchez Bravo. Ademais, o 1 de novembro de 2023, o Concello olívico instalou un panel informativo sobre o caso Baena no cemiterio de Pereiró, onde está soterrado. A familia reclama agora dar un paso máis e que Vigo organice unha homenaxe oficial na súa memoria. As normas internacionais de dereitos humanos sobre reparación ás vítimas establecen que, ademais dunha desculpa pública que recoñeza os feitos, é necesario render homenaxe e conmemorar as vítimas e as súas familias.

ÚLTIMAS

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Hai persoas que enferman sen estar nunha cama de hospital. Non levan bata, non...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cun desfile xigante de personaxes tres horas antes do acendido das luces

O Nadal de Vigo segue sumando novidades e este ano contará cunha colaboración que...

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...