InicioSociedadeVigo activa as súas catro zonas de baixas emisións: os coches sen...

Vigo activa as súas catro zonas de baixas emisións: os coches sen distintivo ambiental xa non poden circular por elas

Centro, Praza de Portugal, Bouzas e Calvario estrean desde este xoves as restricións, que se endurecerán por fases ata excluír tamén os vehículos con etiquetas B e C.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo puxo en marcha este xoves as catro zonas de baixas emisións da cidade, despois de que o pleno municipal dese o visto e prace definitivo á normativa a finais do pasado mes de xullo. Segundo fontes do goberno local consultadas por Europa Press, as restricións entraron en vigor este xoves, unha vez que os operarios remataron durante a madrugada de sinalizar as entradas e saídas destas áreas nas distintas rúas da cidade olívica. A normativa saíu adiante no seu día unicamente cos votos do PSOE, mentres que o PP e o BNG se posicionaron en contra do establecemento destas catro zonas de acceso restrinxido para os vehículos máis contaminantes.

En concreto, trátase da Zona Centro, Zona Praza de Portugal, Zona Bouzas e Zona Calvario. A partir de agora, o acceso quedará restrinxido para determinados vehículos contaminantes, aínda que a normativa contempla numerosas excepcións. Poderán acceder os coches censados nestas zonas ou pertencentes a persoas empadroadas nelas, así como os vehículos de empresas ou autónomos que desenvolvan a súa actividade no seu interior.

Tamén estarán autorizados os vehículos dos servizos públicos, como a Policía, os Bombeiros ou as ambulancias, así como as motocicletas e os ciclomotores, aínda que, neste último caso, só poderán acceder entre as 07.00 e as 22.00 horas. Entre as excepcións figuran igualmente os vehículos de mobilidade persoal, como os patinetes, os taxis, os autobuses que presten servizo nestas zonas, as empresas de transporte e os coches de persoas que dispoñan dunha praza de aparcadoiro, entre outros supostos.

UNHA IMPLANTACIÓN EN TRES FASES

A posta en marcha das zonas de baixas emisións realizarase de maneira progresiva e en varias fases. Na primeira, que comezou este xoves, xa non poderán circular por estas áreas os coches que carezan de distintivo ambiental. Nunha segunda fase, as restricións ampliaranse aos vehículos coa etiqueta B. Finalmente, na última etapa da implantación, tampouco poderán acceder ás zonas de baixas emisións os vehículos identificados coa etiqueta C. Deste xeito, Vigo comeza a aplicar desde este xoves un sistema de restricións progresivas ao tráfico en catro ámbitos da cidade, cunha normativa que irá endurecendo os requisitos de acceso a medida que avancen as diferentes fases previstas.

O PP CRITICA A POSTA EN MARCHA “POR SORPRESA” E ADVIRTE DAS FUTURAS MULTAS

Ante a entrada en vigor das zonas de baixas emisións, o concelleiro do PP Miguel Martín criticou que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxese en marcha esta medida “por sorpresa” e “sen avisar a ninguén”. Martín censurou “o escurantismo, a opacidade e a mentira constante” do rexedor e reprochoulle que siga insistindo en que non haberá sancións. “A día de hoxe segue insistindo en que non haberá multas cando todos sabemos que, tras un período de adaptación, si que se imporán por importe de 200 euros”, afirmou o edil popular, unha contía que, segundo sinalou, está recollida na normativa.

O PP puxo tamén o foco en que as zonas de baixas emisións entraron en vigor sen que estea operativa aínda a aplicación informática necesaria para tramitar os permisos de acceso“Un auténtico despropósito que xa advertimos que ía pasar e que o único que vai traer é máis confusión entre os condutores. Pero como é posible que as zonas de baixas emisións entrasen en vigor así? A quen se lle ocorre?”, cuestionou Martín.

O concelleiro popular cualificou ademais de “inadmisible” que se comece a vixiar e restrinxir o acceso mediante cámaras de lectura de matrículas mentres o propio Concello non facilita aínda a ferramenta dixital para solicitar as autorizacións correspondentes. Para o PP, esta situación evidencia unha posta en marcha precipitada das zonas de baixas emisións e incrementa, segundo sostén, a confusión e a inseguridade entre os condutores afectados polas novas restricións.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...