InicioMedio Ambiente e PatrimonioO berro de PACMA contra a caza en Vigo: "Non ten sentido...

O berro de PACMA contra a caza en Vigo: “Non ten sentido nunha sociedade civilizada, é a diversión de matar por matar”

Decenas de persoas concentráronse en Vigo chamadas polo Partido Animalista.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Decenas de persoas concentráronse este luns en Vigo, convocados polo partido animalista PACMA, para expresar o seu rexeitamento á caza do raposo e á actividade cinexética en xeral, e para denunciar o apoio que as administracións dan ao colectivo de cazadores en Galicia.

O portavoz de PACMA na provincia de Pontevedra, Alberto de Salazar, incidiu en que a caza do raposo “e a caza en xeral” “non teñen sentido nunha sociedade civilizada” porque “é a diversión de matar por matar”, e instou ás administracións a destinar os fondos cos que se apoia esta actividade a outros ámbitos “que benefician a todos e non a uns poucos”, como a sanidade, a educación e a atención á dependencia.

De Salazar denunciou que “o 80 por cento do territorio de Galicia é territorio de caza” polo que “Galicia pertence aos cazadores”, algo que non se pode consentir”, e cifrou en 12.000 os raposos abatidos por cazadores galegos.

Por outra banda, e en referencia á irrupción de Vox no panorama político público, lamentou que este partido “non dá un apoio nesgado á caza, senón explícito”, o que supón que está a apoiar os “malos tratos animais”.

No entanto, precisou, todos os partidos “de esquerda e dereita” apoian directa ou indirectamente a actividade dos cazadores. “A realidade é que, á hora da verdade, nin esquerda nin dereita están en contra dos malos tratos animais”, criticou.

A protesta deste luns, que tivo lugar fronte ao museo MARCO de Vigo, coincide co inicio do período en que se poderán autorizar batidas para cazar raposos en Galicia os xoves, sábados, domingos e festivos. “Centos de animais morrerán abatidos polas balas dos cazadores”, alertou PACMA.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...