InicioSociedadeA axencia estatal de seguridade aérea emite unha exención para Vigo para...

A axencia estatal de seguridade aérea emite unha exención para Vigo para construcións, instalacións ou plantacións

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Axencia Estatal de Seguridade Aérea emitiu unha exención para o termo municipal de Vigo que permite evitar, en determinadas zonas e baixo condicións concretas, a solicitude do acordo previo da Aesa para executar construcións, instalacións ou plantacións.

As servidumes aeronáuticas en España delimitan a zona de protección arredor de aeroportos, helipuertos e instalacións radioeléctricas co fin de garantir a seguridade das operacións aéreas. No caso de Vigo, o estudo técnico realizado conclúe que determinadas actuacións dentro do termo municipal non comprometen a seguridade das operacións aéreas nin o funcionamento das instalacións radioeléctricas. Esta exención non implica unha redución das exixencias de seguridade, senón unha aplicación máis eficiente da normativa.

A exención, publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE), é aplicable nas zonas delimitadas como exentas e sempre que se respecten as condicións fixadas na resolución. Entre elas, establécese que a altura máxima non poderá superar os 45 metros sobre o terreo ou a auga circundante, incluídos todos os elementos engadidos. Fican excluídas desta exención as instalacións que, pola súa natureza, poidan supoñer un risco para a seguridade aérea, como focos de atracción de fauna, instalacións que xeren fumes ou po ou aquelas susceptibles de producir deslumbramentos.

Esta medida enmárcase no plan de exencións de servidumes aeronáuticas impulsado por Aesa, cuxo obxectivo é axilizar os procedementos administrativos en concellos situados baixo servidumes aeronáuticas, contribuír a mellorar a coordinación entre administracións e reducir as cargas administrativas, tanto para as entidades locais como para a Axencia.

ÚLTIMAS

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...