InicioSociedadeVigo busca unha solución para recuperar os concertos nos chiringuitos das praias...

Vigo busca unha solución para recuperar os concertos nos chiringuitos das praias “sempre co respecto da lei”

O Concello mantivo unha reunión cos representantes dos quioscos dos areais tras a suspensión das actuacións musicais ordenada pola Policía Local.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo asegurou este martes que “ten encamiñada unha posible solución” para que se poidan volver celebrar concertos nos chiringuitos das praias da cidade, despois da polémica xerada pola suspensión das actuacións musicais nestes establecementos. Nun comunicado, o Goberno local indicou que a concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, mantivo unha reunión cos representantes de todos os quioscos dos areais vigueses. Segundo o Concello, o encontro desenvolveuse nun clima de “boa sintonía e colaboración”. Agora, o Executivo municipal traballa nesa posible solución, aínda que insiste en que calquera avance deberá facerse “sempre co principio irrenunciable do respecto da lei”.

A POLICÍA LOCAL ORDENARA SUSPENDER AS ACTUACIÓNS

A situación produciuse despois de que a Policía Local ordenase hai días suspender as actuacións musicais nos chiringuitos de Vigo, ao considerar que as concesións destes establecementos só autorizan a venda de bebidas e comidas. A decisión xerou polémica na cidade e abriu un intercambio de interpretacións entre o Concello e a Xunta sobre quen debe autorizar este tipo de actividades nos areais.

CRUCE DE VERSIÓNS ENTRE CONCELLO E XUNTA

O Goberno local sinalou que os establecementos deberían solicitar previamente autorización á Xunta, ao atoparse a maior parte deles en zona de Dominio Público Marítimo-Terrestre. Porén, o Executivo autonómico sostén que foi o propio Concello de Vigo quen asumiu voluntariamente a xestión destes servizos de tempada. Por iso, segundo a Xunta, é o Goberno local o que decide que actividades poden autorizarse e quen tramita as concesións. Mentres se concreta a solución, o Concello asegura que continuará traballando cos representantes dos quioscos para intentar compatibilizar a actividade dos chiringuitos, a programación musical e o cumprimento da normativa vixente.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...