InicioMedio Ambiente e PatrimonioPACMA convoca para este luns en Vigo unha concentración contra a caza...

PACMA convoca para este luns en Vigo unha concentración contra a caza do raposo

Os animalistas aseguran que son asasinados máis de 10.000 raposos cada ano nos montes galegos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Partido Animalista Pacma convocou para este luns ás 12:00 horas fronte ao Museo Marco de Vigo unha concentración para rexeitar a caza do raposo en Galicia, que levará por lema ‘#YoNoDisparo’.

Segundo informa a formación, precisamente a partir deste luns poderanse autorizar batidas todos os xoves, sábados, domingos e festivos “por todo o territorio” da Comunidade galega. De acordo coas cifras de Pacma, “centos de animais morrerán abatidos polas balas” dos cazadores.

A formación, tal e como asegura, “está en contacto” coa Xunta “desde fai máis dun ano”, á que “fixo entrega recentemente dun informe científico que desmonta todos os argumentos utilizados para autorizar” esta práctica.

Nesta mesma liña xa se pronunciaron este fin de semana as asociacións animalistas Libera e Franz Weber, que denuncian que, entre 2011 e 2017, matáronse “máis de 75.000 raposos nos montes da comunidade –12.000 ao ano–“.

ÚLTIMAS

O líder da rede que meteu 650 quilos de cocaína por Vigo quería o “monopolio” da droga no porto

O cabecilla da organización criminal asentada en Málaga que introduciu 650 quilos de cocaína...

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...