InicioSociedadeVigo aprobará o 7 de xullo a cesión da parcela para a...

Vigo aprobará o 7 de xullo a cesión da parcela para a futura Biblioteca do Estado

O Concello iniciará o trámite para ceder ao Ministerio de Cultura os terreos da rúa Lalín nos que se levantará o novo equipamento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Xerencia de Urbanismo de Vigo aprobará o próximo 7 de xullo a cesión ao Ministerio de Cultura da parcela da rúa Lalín onde se edificará a futura Biblioteca do Estado, segundo avanzou o alcalde, Abel Caballero. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico explicou que, para poder dar este paso, foi necesario reunir documentación como o certificado do rexistro e do secretario municipal, así como o informe do interventor e o ditame técnico sobre as condicións urbanísticas dese espazo.

Tras a aprobación inicial na Xerencia, o expediente pasará pola Xunta de Goberno e abrirase un prazo de exposición pública para a presentación de alegacións. Superado ese trámite, poderase aprobar definitivamente a cesión. Este paso prodúcese case un ano despois da visita do ministro de Cultura, Ernest Urtasun, á cidade, cando anunciou que o seu departamento prevía licitar a obra ao longo de 2026, mesmo aínda que non se aprobasen os Orzamentos Xerais do Estado.

Esta licitación aínda non se produciu e o Ministerio alegou que era necesario completar a cesión para poder iniciar os trámites. Con todo, o alcalde puntualizou que o Goberno podería comezar cos trámites técnicos sen necesidade de ter aínda os terreos. Caballero reiterou este xoves que o Ministerio de Cultura podería pór en marcha o proxecto coa mera comunicación da cesión. En todo caso, o alcalde celebrou o paso que se dará a semana que vén, coa meta de que Vigo conte por fin cunha Biblioteca do Estado e se salde unha “débeda histórica” coa cidade.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...