InicioSociedadeO xuíz di que a edila de Seguridade de Vigo "tiña o...

O xuíz di que a edila de Seguridade de Vigo “tiña o deber” de actuar para evitar o accidente do Saltamontes

Confirma que as actuacións deben seguir contra Patricia Rodríguez por un posible homicidio imprudente

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xuíz de Instrución de Vigo que investiga o accidente mortal do Saltamontes, ocorrido en agosto de 2024, desestimou o recurso de reforma presentado pola concelleira de Seguridade da cidade, Patricia Rodríguez, contra o auto que ordenaba seguir as actuacións contra ela (e contra o dono da atracción) por un posible de delito de homicidio imprudente e outro de lesións.

Na súa resposta ao recurso, o xuíz expón que a edila socialista tiña “o deber xurídico ineludible” de adoptar medidas para neutralizar o risco, e máis despois de desautorizar a instalación do Saltamontes. Respecto diso, sinala tamén que, cando asinou esa resolución (que indicaba que esa atracción, igual que outras, non contaba con permiso municipal) e enviouna á Policía Local, o Saltamontes xa levaba case dous días funcionando, porque as festas de Matamá xa empezaran.

O xuíz tamén sinala que os indicios apuntan que se a atracción se precintara, teriase “evitado o accidente mortal”, e incide en que a desautorización da instalación dese elemento non é eficaz se non vai acompañada da adopción de medidas.

Por outra banda, o xuíz tamén desestimou o recurso de reforma interposto por unha das acusacións particulares, que pedía ampliar a imputación a outras dúas persoas que estiveron investigadas (e respecto das cales, o xulgado arquivou as actuacións): o presidente da Comisión de Festas, Cristian G.M., e o xefe da área municipal de Seguridade, Antonio V.M. Deste xeito, o titular da praza 3 de Instrución de Vigo confirma o seu auto de principios de maio, aínda que a súa resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...