InicioSociedade'El novio de la muerte', himno da Legión, entre o máis aplaudido...

‘El novio de la muerte’, himno da Legión, entre o máis aplaudido no Encontro de Música Militar de Vigo

A Banda da Escola Naval Militar de Marín e a da Brigada 'Alfonso XII' II da Lexión, entre as máis aplaudidas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Encontro de Música Militar celebrado este xoves en Vigo, no marco dos actos con motivo do Día das Forzas Armadas, reuniu na céntrica Porta do Sol a miles de persoas, que puideron gozar das interpretacións de seis unidades militares de música, así como dunha agrupación da Federación Galega de Bandas de Música.

O acto estivo presidido polo Xefe do Estado Maior da Defensa, o almirante xeral Teodoro Esteban López Calderón, e polo alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, e contou coa presenza de numerosas autoridades civís e militares. O Encontro estivo precedido por varios pasarúas protagonizados polas unidades musicais, cuxos itinerarios coincidiron en Pórtaa do Sol.

Así, a primeira en actuar foi a Unidade de Música do Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra, con sede na Coruña, seguida pola Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín. Seguíronlles a Unidade de Música da Academia Básica do Aire e o Espazo, con sede en León; a Unidade de Música da Brigada ‘Rei Alfonso XIII’ II da Lexión, con sede en Almería; a Unidade de Música da Dirección Xeral da Garda Civil, con sede en Madrid.

Finalmente, actuaron unha agrupación da Federación Galega de Bandas de Música e a Unidade de Música da Garda Real, e pechouse o acto coa reunión de todos os integrantes das bandas, que de forma conxunta interpretaron os temas ‘Santiago’ de José Álvarez, ‘Alborada’ de Xosé Manuel Fernández, ‘Maruxiña’ de Antonio Amigo Ramos e o ‘Bolero Militar’ de Jacques Devogel, antes da interpretación do himno nacional de España, para pór o broche final ao Encontro.

A multitude asistente puido escoitar algúns clásicos da música militar, xunto con pezas máis modernas, como a ‘Marcha de Ben Hur’ ou ‘The Final Countdown’. Foron as unidades locais as máis aplaudidas e, xunto a elas, a unidade de música da brigada da Lexión, que co seu peculiar paso e coa interpretación de ‘El novio de la muerte” espertaron o entusiasmo dos asistentes.

Entre as pezas que se interpretaron por parte dos 300 músicos participantes estiveron ‘Cantigas e Agarimos’ de Bernardo do Río; ‘Os sitios de Badaxoz’, de Juan Gonzalo Gómez Deval; ‘Don Juan de Austria’, de Antonio Morais; ‘Rolandito’ de José Ouro Val; ou o pasodobre ‘España Cañí’.

ÚLTIMAS

A Fundación Laxeiro expón unha serie de debuxos inéditos cunha gran forza expresiva

A sede da Fundación Laxeiro, na Casa das Artes de Vigo, expón desde este...

Ciencia de Ida e Volta en cafés de Pontevedra, Vigo e Ourense por parte do alumnado sénior da UVigo

Exercer de embaixadores e embaixadoras da ciencia e do coñecemento. Esa será a misión...

Caballero esixe á Xunta 9 millóns ao ano para Vigo por ser “a cidade máis importante de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiulle este martes á Xunta de Galicia que,...

O BNG leva á Valedora a negativa de Caballero a comparecer polo caso Saltamontes

O grupo municipal do BNG en Vigo presentou unha queixa ante a Valedora do...