InicioSociedadeUnha exposición de vehículos e armamento militar inicia os actos do Día...

Unha exposición de vehículos e armamento militar inicia os actos do Día das Forzas Armadas en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo iniciou oficialmente esta mañá os actos do Día das Forzas Armadas, que se celebrará o vindeiro sábado 30 de maio, cun acto central e un desfile militar na praia de Samil. Antes, durante toda esta semana, As Avenidas acollerán unha exposición estática de vehículos e armamento, aberta desde este martes de balde.

O desfile militar pola rúa Montero Ríos comezou ás 10.00 horas. Ao son da Unidade de Música do Mando de Apoio á Maniobra, centos de curiosos aglomeráronse tras as vallas para presenciar o izado da bandeira que deu inicio á semana das Forzas Armadas en Vigo. O xeneral Marcial González Prada exerceu como mestre de cerimonias e puxo en valor o labor das forzas armadas españolas na defensa da cidadanía.

No acto participaron tamén o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero. Ambos amosaron respecto polas Forzas Armadas e orgullo porque Vigo acolla un evento desa magnitude.

EXPOSICIÓN

Pola súa banda, o capitán Calixto Espigó, da Brilat de Pontevedra, explicou aos medios que o izado da bandeira inicia unha semana con numerosos actos na cidade, que rematarán co desfile do sábado en Samil. Segundo explicou, a exposición, que estará en As Avenidas ata a mañá do domingo, contará coa representación de todos os corpos, da Garda Civil e da UME, e poderanse ver embarcacións, vehículos, armamento ou drons, entre outros.

“Agardamos que toda a poboación civil se achegue á exposición estática. Preparamosla con moito agarimo. Moitas horas de dedicación, noites sen durmir, para que a poboación civil poida ver o que facemos cada día por e para eles”, subliñou Espigó.

ÚLTIMAS

Vertidos de augas fecais obrigan a Baiona a pechar dúas praias mentres seguen ondeando as súas bandeiras azuis

O Concello de Baiona anunciou hoxe a prohibición temporal do baño nas praias de...

Un home e unha muller morren nun accidente de tráfico no Porriño

Unha muller de 68 anos e un home de 62 anos...

O primeiro vehículo orbital español sairá de Nigrán: UARX Space lanza este outono Ossie rumbo ao espazo

A compañía UARX Space lanzará este outono Ossie, o primeiro vehículo de transferencia orbital...

O festivo da Reconquista pasará ao luns 29 de marzo por caer en domingo en 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este mes o goberno local aprobará...