InicioPolíticaPP e BNG rexistran a petición de pleno extraordinario pola imputación da...

PP e BNG rexistran a petición de pleno extraordinario pola imputación da edila de Seguridade no caso Saltamontes

A oposición rexistra a petición dun pleno extraordinario polo caso Saltamontes e advirte de que a permanencia de Patricia Rodríguez no goberno local é insustentable.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os grupos municipais de PP e BNG no Concello de Vigo rexistraron este luns a solicitude de convocatoria dun pleno extraordinario para reclamar ao goberno de Abel Caballero e ao propio alcalde que dea explicacións tras a imputación da súa concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, por un suposto delito de homicidio imprudente, tras o accidente mortal da atracción Saltamontes durante as festas de Matamá en agosto de 2024.

A convocatoria recolle un único punto na orde do día: a comparecencia do alcalde, Abel Caballero, para informar as actuacións municipais relacionadas con ese accidente e tamén coa investigación xudicial, que acabou coa imputación de Patricia Rodríguez e do dono da atracción por un posible delito de homicidio imprudente e por un de lesións por imprudencia. Así mesmo, o texto recolle varias propostas de acordo, entre as que destacan o cesamento inmediato de Patricia Rodríguez, a creación dunha comisión de investigación e que a Corporación traslade as condolencias ás familias do novo falecido, Iván C.H.

Tal e como recolle o regulamento do Pleno, a convocatoria deste pleno extraordinario debe realizarse dentro do catro días seguintes á petición realizada pola oposición, e a súa celebración “non se demorará máis de quince días hábiles desde que o escrito tivese entrada no Rexistro do Pleno”. Se o alcalde non convoca o pleno nese prazo, a sesión queda sinalada de forma automática para as 12.00 horas do décimo día hábil seguinte á finalización do devandito prazo.

Na motivación da solicitude do pleno, PP e BNG advirten de que a permanencia no goberno local dunha persoa imputada por delitos tan graves é “insustentable” e “dana gravemente” o prestixio da institución municipal. Igualmente, a oposición incide en que a decisión do alcalde de mantela no cargo, ou a “falta de explicacións públicas” e o rexeitamento a crear unha comisión de investigación, “resultan de todo inaceptables”.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...