InicioDeportesMarea de Vigo insta a Deputación e Concello a investir na "urxente...

Marea de Vigo insta a Deputación e Concello a investir na “urxente reparación das instalacións e pistas de atletismo”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O gupo municipal Marea de Vigo vén de criticar en rolda de prensa a actuación do goberno local na contorna de Balaídos, tanto no que respecta ás pistas de atletismo, que perderon xa a súa homologación, como o estadio de fútbol.

Así, o grupo municipal pediu ao goberno municipal e ao Real Club Celta que liquiden as súas diferenzas sobre Balaídos cumprindo o convenio asinado no seu día para a reforma do estadio e que, segundo apuntou, non se está respectando por ningunha das dúas partes.

Segundo recordou o portavoz de Marea, Rubén Pérez Correa, o acordo contemplaba  achegas económicas que o club non fixo, así como a participación do Celta na dirección das obras de reforma, algo que tampouco se fixo efectivo.

Unha das duras entradas no derbi entre o Celta e o Deportivo xogado en Balaídos / RC Celta

A ese respecto, incidiu en que o convenio debería ser o marco de actuación con respecto a todas as obras que se realicen e, “de non ser posible que a interpretación dos acordos asinados se concrete, ou ben deben ser xudicializados, ou ben se debe concretar un novo convenio tanto para as obras como para o uso concesional do estadio”. “Mediante misivas e avisos nos medios está claro que non hai solución posible”, advertiu o portavoz do grupo.

Con respecto á concesión, Marea de Vigo insistiu en que esta fórmula debe permitir o retorno ás arcas públicas do investimento realizado na reforma das instalacións, a través da explotación do estadio, de aparcadoiros e baixos comerciais. Por iso, avoga por un modelo concesional con cláusulas económicas “diferentes”, e propón que o investimento destinado pola Deputación a Balaídos se oriente a “a urxente reparación das instalacións e pistas de atletismo”.

Os días 15 e 30 deste mes de decembro estaban programadas xornadas de atletismo na pista de Balaídos, mais foron canceladas ao perder a pista a súa homologación debido ao mal estado no que se atopan.

Por outra banda, en relación co último informe encargado polo goberno local sobre o estado das bancadas de Marcador e Gol (tras as queixas dos afeccionados polo seu deterioro), Rubén Pérez confirmou que o seu grupo o recibiu este xoves, pero que parece un documento “feito de modo totalmente improvisado e como consecuencia das denuncias”, con “conclusións insuficientes”.

Ademais, matizou Pérez Correa, “este non é o informe que solicitou Marea, ao que dun modo vehemente facía referencia o alcalde cando afirmaba que as bancadas estaban en perfecto estado porque, para empezar, nese momento, este informe non existía”.

ÚLTIMAS

O Marisquiño cambia o percorrido do seu descenso urbano, que acabará no Centro Comercial A Laxe

O festival da cultura urbana O Marisquiño anunciou este xoves un cambio de percorrido...

Cortado un carril da A-55 tras o incendio nun camión portavehículos en Tui

Axentes da Garda Civil de Tráfico procederon a cortar o carril dereito da A-55 en...

O Tribunal Supremo non admite o recurso do Concello de Vigo polo cobro de 1,1 millóns por parte da Xunta

O Tribunal Supremo ditou un auto no que inadmite o recurso de casación presentado...

Sanitarios de Vigo piden “tolerancia cero” contra a violencia no PAC ao ser “punto negro” de ataques

Profesionais sanitarios da área de Vigo volveron a concentrarse este xoves para esixir "tolerancia...