InicioSociedadeCaballero ameaza con acudir á Competencia se Iberia sobe os prezos tras...

Caballero ameaza con acudir á Competencia se Iberia sobe os prezos tras recortar frecuencias en Vigo

O alcalde asegura que o Concello vixiará de forma “moi activa” a evolución dos billetes e advirte contra un posible “abuso de poder”.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este luns o seu desacordo co recorte de frecuencias de voos de Iberia desde a cidade e advertiu de que acudirá á Comisión da Competencia se se produce un incremento de prezos e unha situación de “abuso de poder”. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico referiuse ás informacións que apuntan a que Iberia reducirá a dous os voos a Madrid os domingos e subirá os prezos. Caballero sinalou que contactou coa aeroliña e que esta lle confirmou que “aínda non está pechada a programación” da tempada de verán.

Ao respecto, explicou que Iberia “establece unha distribución de prazas en función da demanda e da dispoñibilidade das aeronaves”. Así, en comparación co ano pasado, redúcense sete frecuencias e elimínanse dúas conexións os domingos. Con todo, engadiu, haberá “un incremento de 300 prazas máis na tempada de verán”. “Pero non me satisfai, porque é moi importante o número de prazas, pero tamén é moi importante a frecuencia”, apuntou Abel Caballero.

O alcalde adiantou que contactará con Iberia para trasladarlle que o goberno local “vixiará de forma moi activa” os prezos dos billetes. “Non imos tolerar que se exerza poder de monopolio incrementando os prezos dos billetes e estou disposto a ir á Competencia. Estou disposto a levalo á Comisión da Competencia porque é un abuso de poder de oligopolio e eu vou defender Vigo”, proclamou.

ÚLTIMAS

A Fundación Laxeiro expón unha serie de debuxos inéditos cunha gran forza expresiva

A sede da Fundación Laxeiro, na Casa das Artes de Vigo, expón desde este...

Ciencia de Ida e Volta en cafés de Pontevedra, Vigo e Ourense por parte do alumnado sénior da UVigo

Exercer de embaixadores e embaixadoras da ciencia e do coñecemento. Esa será a misión...

Caballero esixe á Xunta 9 millóns ao ano para Vigo por ser “a cidade máis importante de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiulle este martes á Xunta de Galicia que,...

O BNG leva á Valedora a negativa de Caballero a comparecer polo caso Saltamontes

O grupo municipal do BNG en Vigo presentou unha queixa ante a Valedora do...